mércores. 12.02.2025
El tiempo

Un cento de crianzas de 4 centros de ensinos aprenden deportes inclusivos e apicultura no EFA Fonteboa

Actividades deportivas no EFA Fonteboa
Un cento de crianzas de 4 centros de ensinos aprenden deportes inclusivos e apicultura no EFA Fonteboa

Fermosa acción a que prepara o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa para este mércores 5 de febreiro. 99 alumn@s de catro centros educativos da comarca participación nunha diversa xornada na que realizarán escalada no rocódromo, participarán nun taller de nudos, xogarán a datchball, un deporte inclusivo, realizarán dinámicas lúdico deportivas, aprenderán de apicultura no Cicapis (Centro de Investigación, Capacitación e promoción apícola que temos na EFA) e coñecerán o vivo invernadoiro do centro.

A actividade forma parte dunha xornada organizada polo profesorado de Guía no Medio Natural co alumnado de 2° curso dese Ciclo Medio de FP, dentro dos contidos de varias materias como atención a grupos, manobras con cordas e técnicas de tempo libre.

Así, o alumnado do centro terá que lidiar coas crianzas de 5º e 6º do CEIP A Cristina (Carballo), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Joaquín Rodríguez (Buño) e do CEIP Bormoio (Agualada), nunha sesión que servirá de avaliación.

Comentarios