Convocado o XI Certame Artístico-Literario Asunción Antelo entre os escolares de Coristanco
Vén de convocar o Concello de Coristanco Certame Artístico-Literaeio Asunción Antelo, que neste 2026 acada a súa undécima edición, consolidándose como unha das iniciativas educativas máis importantes do municipio. A iniciativa conta coa colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e CRA A Tarandeira.
O certame, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos de Coristanco, desde Educación Infantil ata Formación Profesional, ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e o uso da lingua galega ao mesmo tempo que se rende homenaxe a Asunción Antelo, coñecida como a Rexoubeira de Bergantiños, unha figura que rompeu barreiras co seu arte en madeira, pedra e barro e cos seus versos cheos de vida.
O concurso establece un premio por modalidade, categoría e centro, consistentes en libros e material didáctico por valor total de 1.000 euros.
Os traballos pódense presentar ata o vindeiro 6 de maio nos propios centros educativos.
Posteriormente, o acto de entrega de premios celebrarase o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.




