Coristanco organiza unha serie de charlas sobre Saúde Mental

O pasado venres arrincaban as Xornadas de Promoción da Saúde de Coristanco. Fixoo da man da Educadora Social, Mónica Martínez, que impartiu unha sesión sobre saúde mental que xerou moita expectación entre a veciñanza.
As xornadas tratan promover a importancia do benestar emocional e proporcionar á comunidade ferramentas prácticas para afrontar o estrés, mellorar o autocuidado e fomentar a saúde en todos os ámbitos da vida diaria.
Ao longo das xornadas, os asistentes poderán participar nunha serie de talleres, conferencias e actividades, os cales compartirán estratexias para a xestión do estrés, a ansiedade, a prevención de trastornos emocionais e a importancia da resiliencia.Programa
- 11 de abril (10.30h): Obradoiro "Traballando as emocións"
- 12 de abril (11h): Xornada do Deporte en familia
- 25 de abril (10.30h): Obradoiro de Risoterapia
- 2 de maio (10.30h): Obradoiro de Musicoterapia
- 2 de maio (18h e ás 19.30h): Taller de Fortalecemento do Solo Pelviano
Para máis información sobre o calendario de actividades, inscricións e detalles adicionais, os interesados poden visitar a Biblioteca Municipal ou contactar a través da seguinte canle telefónica: 981 733 280.