Venres. 19.04.2024
El tiempo

O coristanqués Juan Carlos Villar Angériz exporta o seu museo das gaseosas a un libro

Museo Gaseosas Coristanco cun campamento de veran
O Museo das Gaseosas nunha visita dun campamento de verán de Coristanco
O coristanqués Juan Carlos Villar Angériz exporta o seu museo das gaseosas a un libro

Juan Carlos Villar Angériz ten un museo da gaseosa na súa casa de Coristanco. A mostra da “Asociación Gaseoas Galicia” ten máis de 1.200 botellas expostas, todas coas súas historias, que conta agora no novo libro recén saído editado pola Deputación.

LIbro-Gaseosas-Galicia

“Apuntes sobre a gaseosa na provincia da Coruña”, pretende visibilizar a riqueza etnográfica e empresarial da fabricación de bebidas gasosas desde o século XIX ata a década dos ano 80, apuntando un enfoque etnográfico e etnolóxico. Un percorrido pola historia de factorías, envases e marcas comerciais de outrora, moitas xa desaparecidas, pero que aínda están presentes na memoria de moitos coruñeses.

Gaseosas Maruxa (Carballo), Gaseosas Neptuno (Ponteceso), Gaseosas Barreira (Cabana), La Moderna-Junquera (Cee), La Pitusa (aínda viva en Santa Comba)… son algunhas das marcas cuxa historia se repasa detalladamente neste libro, que recolle verdadeiras antigüidades do mundo das gaseosas que se despachaban a diario en bares, ultramarinos e pequenos distribuidores e cuxa fabricación supuxo unha pequena revolución industrial no ámbito rural no que case cada pobo tiña a súa fábrica de gaseosas.

Comentarios