Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Despensa D'Luxo experimenta con fabas de Lourenzá e Millo Negro

GDR Na despensa de Luxo
A Despensa D'Luxo experimenta con fabas de Lourenzá e Millo Negro

Unha das grandes referencias da agricultura de Bergantiños, a empresa que consegue verder os nosos legumes en restaurantes de toda a península como elemento de luxo, vén de asinar un convenio co  GDR Costa da Morte, no marco do proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes” para poñer en marcha sendas parcelas experimentais de dúas variedades de faba coas denominacións “Faba do Marisco” e “Faba de Lourenzá Galaica” e dunha variedade de millo negro coa denominación “Millo Negro Oubiña”. No acto de sinatura o GDR entregou á empresa as sementes de ditas variedades.

Os campos de ensaio destes produtos levaranse a cabo na explotación da empresa localizada en O Ribeiro, no termo municipal de Coristanco e servirán para estudiar as aptitudes destas producións no territorio, as súas características organolépticas e a posibilidade de multiplicación para replicar noutras parcelas no marco do proxecto de cooperación.

No proxecto “Paisaxes Intelixentes” participa o GDR Costa da Morte xunto con outros 4 GDRs galegos: Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

Comentarios