xoves. 13.02.2025
El tiempo

O EFA Fonteboa organiza unhas abertas Xornadas de Fruticultura

2025-Fruticultura EFA FOnteboa
O EFA Fonteboa organiza unhas abertas Xornadas de Fruticultura

Xa te podes escribir para as Xornadas de Fruticultura do Centro de Formación EFA Fonteboa. Estes venres 31 de xaneiro e sábado 1 de febreiro, o centro coristanqués acolle unhas xornadas con obradoiros de poda e enxertos.

A partir das 10:00h do venres, e ata as 14:00h do sábado, aprenderase a facer podas, enxertos, e trataranse novos cultivos como aguacate e vellos como o castaño.

Podes pedir máis información en [email protected] ou no 981 733 051.

Comentarios