Venres. 29.03.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa terá un novo Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente

Directivos del Cluster y de Fonteboa al finalizar la reunión
Directivos del Cluster e de Fonteboa ao finalizar a reunión
O EFA Fonteboa terá un novo Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente

Segue medrando o exemplar Centro de Formación Rural EFA Fonteboa. Este pasado venres acollía unha reunión da Xunta Directiva do Clúster da Madeira e Deseño de Galicia (CMD) no centro coristanqués. E unha das grandes novas para a comarca é a creación, a partir do vindeiro curso, deste novo Ciclo Formativo de Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente.

A entidade leva anos manifestando a necesidade dunha FP dual para o sector da madeira que axude a suplir a demanda de profesionais que existe na actualidade. E parece que desta vai, cunha formulación innovadora no pedagóxico e con participación e implicación das empresas do sector.

O director do centro, Luís García, lembra que “o sector atópase ante a dificultade de captar talento.

A Xunta serviu para facer balance accións desenvolvidas neste período e analizáronse algúns dos retos e desafíos aos que se enfrontan as empresas asociadas no novo exercicio. No próximo ano 2023, o CMD dará por concluído o seu Plan Estratéxico MADE 2020-2023 e dará paso a unha nova estratexia industrial que acompañe ás empresas asociadas durante os próximos catro anos.

Máis novas sobre o EFA Fonteboa

Comentarios