Martes. 19.03.2024
El tiempo

Adrián Souto sobre as axudas agrícolas Fundación Juana de Vega: “Fixéstesme pensar diferente”

  • Adrián Souto de Servizos Agrícolas Ventura Souto da Laracha explica as axudas da Fundación Juana de Vega, cuio prazo de presentación de solicitudes remata este 30 de novembro.
Adrian Souto Ventura Laracha
Adrián Souto sobre as axudas agrícolas Fundación Juana de Vega: “Fixéstesme pensar diferente”

O ano pasado coñecíamos á Horta Ramisquido. Este ano, un dos proxectos xa escollidos pola Fundación Juana de Vega na X edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias tamén é da Laracha. Unhas axudas cuio prazo remata este 30 de novembro, que aínda están abertas a calqeura proxecto empresarial vinculado ca terra que queira presentarse a través da web programadeapoyo.juanadevega.org.

Falamos de Servizos Agrícolas Ventura Souto, que precisamente explicaba como influíu este programa na evolución da súa empresa no DemoDay organizado pola Fundación.

Ventura Souto ten xa 40 anos, co pai de Adrián á fronte. Precisamente, hai 30 anos, o día que nacía Adrián, o pai mercou un tractor, que aínda segue traballando arreo. Ao rematar os estudos integrouse na empresa pero conciliar a vida familiar e laboral foi complicado, “un desastre”, e tivo que alonxarse da empresa, emigrando e todo. Seguiu formándose e meteuse no mundo do triatlón, pero a morte do seu pai, fai dous anos e medio, obrigoulle a volver ao choio familiar, para xestionar, xestionar e xestionar... "sempre mirando ao ceo”, deixando clara a determinación do sector primario coa meteoroloxía.

Neste tempo está “intentando darlle unha man de modernidade” a esta empresa que conta con 4 empregados fixos, pero con épocas que chegan ata 12 empregados. Fan traballos para clientes gandeiros de ensilado e mesmo traballos forestais, pero tamén fan traballos personalizados. Foi iso interesouse nas axudas da Fundación.

”O programa aportoume ver as cousas dende outra persperciva porque danche coñecementos de economía, marketing... que serven para aplicar no teu día a día”.

Encántalle “axudar á xente coas súas terras, as xentes as explotan pero tamén a outras xentes que herdaron ou que utilizan a terra de xeito profesional-industrial”. Analizan as necesidades dos clientes e fan traballos personalizados, unha liña que queren aumentar.

Outra cousa que aprendeu durante este programa foi a importancia de facer de comercial. “Aprendín que hai que ir a eventos profesionais, que moitas veces eses contactos con peritos agrícolas, avogados... que tramiten herdanzas, abre portas de posibles clientes”.

Gracias tamén aos cursos da Fundación fixo un estudio económico-financieiro que lle permite afrontar o futuro con menos incerteza e poder adiantarse ás circunstancias. 
Aquí contaba toda a sua experiencia: 

I+D

En 2021, fixeron un bo investimento en innovación, coa adquisión dunha picadora nova de forraxe, que permite analizar a produción de cada metro cadrado de parcela, o que ao cliente lle vale para moito para valorar a cantidade de abono ten que botar, por exemplo, a cada anaco de parcela.

Aprendeu a utlizar “a linguaxe universal dos cartos” para convencer a potenciais clientes que utilicen esta nova tecnoloxía.

Novas relacionadas

Comentarios