Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Fondo de Compensación Ambiental permitiu habilitar unha instalación solar térmica no Pavillón de Santa Comba

O Fondo de Compensación Ambiental permitiu habilitar unha instalación solar térmica no Pavillón de Santa Comba
Instalacion solar termica en Santa Comba A alcaldesa María Pose ensina á comitiva da Xunta a Instalación solar térmica do Complexo deportivo de Santa Comba

Visita institucional a Santa Comba para analizar os resultados dos investimentos realizados a través do Fondo de Compensación Ambiental. Ese Fondo que reciben os concellos que sofren nos seus territorios as instalacións eólicas.

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola Directora Xeral de Administración Local, Marta Fernandez-Tapias, e o Delegado Territorial, Ovidio Rodeiro, acompañados pola Alcaldesa María Pose, e os concelleiros José Pose, Esther Espasandín, José García e Javier Facal, visitaron ó Complexo Deportivo de Fontenla e o Parque Infantil.

No Complexo Deportivo habilitouse unha instalación solar térmica para a rede de alumeado público na zona de A Pereira grazas á Orde de Infraestruturas, e para obras de adecuación de camiños. Un proxecto de 154.000€.

Este ano, o Fondo investirá 113.000€ para o acondicionamento do campo de fútbol de Castriz.

Desde o ano 2010, o concello de Santa Comba recibiu máis dun millón de euros para obras de saneamento, pavimentación, adquisición de equipamento ou melloras na piscina municipal con actuacións de eficiencia enerxética, entre outras, ata abarcar un total de 14 proxectos que inciden directamente no benestar dos veciños da localidade.

Visita institucional a SAnta Comba Gran expectación mediática na visita institucional

Fonte

  • Xunta.

Comentarios