![xornadas nacionais do lobo santa comba 2016]()
Esta fin de semana terán lugar en Santa Comba as
xornadas nacionais do Lobo que reunirán a detractores e a defensores desta expecie en extinción organizadas polo municipio xalleiro.
Ao longo das xornadas, que terán lugar no edificio Multiusos, está prevista a
proxección da película “Entre lobos” e varias ponencias con diferentes expertos na materia entre os cales estará o
corcubionés Francisco Lema Fuentes. Unha das ponencias máis esperadas será a que ofrecerá
Marcos Rodríguez Pantoja autor de “el lobo solitario de Sierra Morena" e coñecido por vivir 12 anos no seo dunha manda de lobos.
Outra das actividades que se enmarcan dentro destas xornadas é unha
ruta BBT nocturna. Os interesados en participar na marcha, organizada polo concello de Santa Comba e o Club Ciclista Santa Compaña, poden anotarse no 617 55 88 76.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Santa Comba