Martes. 30.11.2021
El tiempo

A oposición únese en Coristanco para pedir unha serie de obras para o POS

Casa-do-Concello-de-Coristanco
A oposición únese en Coristanco para pedir unha serie de obras para o POS

Os voceiros dos grupos da oposición do Concello de Coristanco, Amancio Lavandeira Suárez (TEGA), Antonio Pensado Plágaro (Agrupación Local Veciños de Coristanco), José Antonio Andrade Filgueiras (BNG) e José Manuel Pérez Abelenda (PSdG-PSOE) veñen de asinar un escrito no que piden completar as obras aprobadas no pleno de outubro para o Plan de Obras e Servizos 2021 da Deputación, co remanente de tesourería da conta xeral de 2019.

Dado que o orzamento do POS non cubriría todas as obras, os grupos da oposición piden que se leven a cabo con fondos municipais.

Consideran tamén importante “sacar adiante un POS o máis consensuado posible”, polo que instan ao alcalde, Juan García Pose (PP) a “manter unha xuntanza urxente cos membros asinantes destas obras conxuntamente cos técnicos redactores dos proxectos, para concretar o importe do remantente de tesoureiría destinado a ditas obras”.

As obras serían:

  • 1.- Proxecto de humanización da travesía de San Roque: Plan de humanización desde a rotonda de Carrefour ata a rotonda de Sta Comba, coa colocación de bancos, xardineiras, pepeleiras, arbolado decorativo (prunus, acer, ginkgo ..), paso de peóns máis seguros, sinalización, axardinado das rotondas e zonas verdes, etc.
  • 2.- Pavimentación con aglomerado en quente e aceras e pluviais na zona de Feira Nova: pavimentación desde a C-552 ata a DP-2901, pasando por diante da escola Fonteboa, a unitaria da Feira Nova, e o ramal ata Pontepequena. Colocación de aceras e ampliación do firme do ramal que pasa por diante da escola unitaria e Fonteboa.
  • 3.- Aceras e pluviais na Rabadeira: Construcción de aceras desde a pista que vai a Nogueira ate a derradeira casa da Rabadeira en sentido Sta Comba. ditas aceras serán por ámolos dous laterais, coa colocación de puntos de luz en todo o trazado.
  • 4.- Senda peonil Rabadeira a Seavia: 1o tramo da senda peonil da Rabadeira a Seavia.
  • 5. - Aceras do Pinariño ata a igrexa de Xaviña: Pluviais e aceras desde o final das aceras da Lagoa ata a igrexa de Xaviña.
  • 6.- Aceras desde a rotonda de Carrefour ata Oca. Construcción de aceras e pluviais desde a rotonda da C-552 á altura de Carrefour ata Oca, cos correspondentes puntos de luz.
  • 7.- Aceras desde a zona da Torre en Silván Ata o lugar de A Braña., por ambos laterais.
  • 8. - Ampliación e adecentamento e pavimentación con aglomerado en quente da carretera que vai desde a DP-2901, ate a área recreativa da Rocheira.
  • 9. - Adecentamento do camiño desde Vilaverde a Pontedona
  • 10. - Mellora da captación auga de Rabadeira e Nogueira, e a auga de Valenza Se

comentarios