Pactómetro Coristanco (IV): O PP decántase por Clarisa Couto por diante de TeGa

Clarisa Couto entregando un premio na Festa da Pataca de Coristanco
Pactómetro Coristanco (IV): O PP decántase por Clarisa Couto por diante de TeGa

Onte contabamos que o acordo entre PP e TEGA para formar un goberno de coalición en Coristanco pendía dun nome. Clarisa Couto, concelleira que participara na moción de censura que votou a Amancio Lavandeira da alcaldía, era a única liña vermella que marcaba TeGa para formar no goberno, tal e como lle trasladara nunha proposta.

Esta pasada noite de xoves a militancia do PP mantiña unha xuntanza importante para decidir o seu posicionamento. E por unanimidade, o renovado grupo de Juan García vén de decidir que van ir ao pleno de investidura deste sábado 15 de maio a presentarse en solitario, sen ningún acordo previo. “A liña vermella de que Clarisa Couto non poida estar non nos parece aceptable, porque esa persoa vén de recibir o avan de todas as persoas que nos votaron. Podemos falar de programas, proxectos, pero de persoas non é o camiño. Todo os membros do PP local cremos que non se pode sacrificar un compañeiro pola decisión doutro partido”, sinala Juan García.

”En todo caso, seguiremos ca man tendida e aberto a calquera acordo nos vindeiros días, meses ou cando acontezan”, apunta deixando a porta aberta a posibles acordos a partir do luns.

 

Todas as novas das Eleccións