Martes. 19.03.2024
El tiempo

#ELECCIÓNS

O Pactómetro: Muros

O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada con maiorías absolutas. Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo.

Xa vimos como está a cousa en Carnota, en Corcubión, en Malpica e en Vimianzo. Hoxe toca irmos ata Muros.

Ines Monteagudo e Maria Xose Alfonso
Inés Monteagudo (PP) e María Xose Alfonso (CxG) poderían chegar a un acordo de goberno en Muros
O Pactómetro: Muros

Muros: Posible coalición PP-CxG

 

Pode pasar de todo en Muros despois da sorpresa do pleno de investidura de hai 4 anos, cando o PSOE como segunda forza permitía a investidura da terceira forza, CxG. Pero despois de analizar as sensacións plenarias nesta lexislatura, parece probable que sexa viable unha coalición PP-CxG. Viable porque as relacións entre Inés Monteagudo, a candidata da formación máis votada, e María Xosé Alfonso, a aínda rexedora, foron bastante respectuosas, e ambas consideran que pode ser unha boa saída.

Dende o PP, outro ano máis a forza máis votada, xa comunicaron que van intentar formar un goberno de coalición para ter 4 anos de estabilidade, e dende logo parece máis viable que con PSOE ou BNG. “Iniciaremos contactos co partido de Maria Xosé Alfonso, que foi o grupo co que puidemos chegar a máis puntos de acordo na lexislatura pasada, e continuaremos co resto de grupos, coa disponibilidade e eflxibilidade suficientes para trarar de chegar a un entendemento do que saia o mellor para o futuro do noso concello. Muros o merece, o precisa e o necesita”, sinala a carta de Monteagudo aos veciños muradáns.

Todas as novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios