Martes. 19.03.2024
El tiempo

Rescatan un can dun profundo foso en Vilar de Couso

IMIN 01-2022-0271-02
Rescatan un can dun profundo foso en Vilar de Couso

Esta mañá de domingo, os Bombeiros de Carballo tiveron que rescatar un can dun profundo foso no lugar de Vilar de Couso. Foi un cazador que escoitaba ladrar un can no fondo dunha oquedade no monte o que avisaba ao 112.

Unha vez no punto os Bombeiros comprobaron que se trataba dun filón duns 8 metros de profundidade e o can estaba ladrando pero non era posible velo dende a superficie. Para rescatalo baixaron rapelando 2 bombeiros, que conseguiron collelo e colocalo dentro dunha saca para poder subilo, comprobando que non ña lesións aparentes.

O can foi entregado ao seus propietarios, uns veciños de Vilar de Couso que facía 2 meses que non sabían nada do animal.

Comentarios