mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha saída de vía en Oca

accidente Coristanco
Unha saída de vía en Oca

Esta pasada noite, rexistrouse un accidente por mor dun vehículo que se saíra da vía na parroquia de Oca, concello de Coristanco.

Ao chegar ao lugar dos feitos, os bombeiros do Parque Provincial de Carballo comprobaron que a única persoa implicada era o condutor do coche, que aparentemente se atopaba ileso e puido saír do vehículo sen ningún problema. 

Completaron o servizo Protección Civil de Coristanco, unha ambulancia do 061, garda Civil de Carballo e GES Ponteceso. 

Comentarios