Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina


Non son as impresionantes trampas de Ernesto Astis que coñeceron os apicultores de Carballo de primeira man. Pero son trampas necesarias. O Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Santa Comba vén de instalar trampas para a avespa velutina por diversos puntos do concello para tratar de capturar as raíñas e intentar evitar que xeren.
Desde fai semanas os efectivos deste Servizo están a retirar niños primarios en invernadoiros e alpendres en distintas zonas do Concello, tarea crucial que se realiza de forma sinxela e sen perigo.
E estes días toca apostar por estas trampas, que consisten nuns recipientes plásticos aos que se lle añade un líquido concentrado que atrae as vespas e non a outros insectos estas entran na trampa e morren afogadas. Ditas trampas serán revisadas con regularidade para controlar a cantidade de vespas capturadas.
Protección Civil ofrece a súa colaboración para retirar os niños que atopedes polos vosos lugares, e poden chamar ao 981881267.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.