Santa Comba aprobou uns presupostos cun amplo gasto en persoal
Co apoio dos edís de Independientes por Santa Comba, o PP xalleiro aprobou os orzamentos 2014. En contra votaron o PSOE e Terra Galega, pero as contas saíron adiante. Unhas contas, que segundo o grupo de Goberno son “continuistas, realistas e prudentes orientadas a manter os servizos básicos, e a protexer os servizos sociais, continuando coa liña de anos anteriores e a soster o tecido laboral de persoal municipal para atender as necesidades dos veciños”.
De feito, se as contas teñen unha partida de 7.321.677 euros no capítulo de ingresos e de 6.647.840 no apartado de gastos, o 45% dos gastos serán en persoa.
Con respecto ao capítulo de investimentos reais, que ascende a 381.640 euros, o apartado superará finalmente o millón de euros, coa previsión de incorporación de partidas procedentes de subvencións e axudas doutras administracións, e tamén cunha parte do gasto que se traducirá en varias actuacións.
O rexedor Antonio Landeira incidiu nas boas previsións que se agardan concretar no capítulo de ingresos, xa que coa revisión catastral impulsada polo goberno permitirá a incorporación de novas altas. “Non subimos os impostos, pero melloraremos os ingresos porque con esta actualización teremos novos cotizantes”.
Novas relacionadas
- A planta de gas que divide Santa Comba.
- Santa Comba presentou a súa APP para comunicarse cos veciños.
- Os bombeiros seguen en loita.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).