Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba arma unha Xornada de Emprendemento con experiencias xalleiras

Santa Comba arma unha Xornada de Emprendemento con experiencias xalleiras
xornadas-Emprendemento Santa Comba

Este sábado 14 de novembro, o Edificio Multiusos de Santa Comba acolle unha completa xornada de Financiamento e Emprendemento. A ADF xalleira, a través dos alumnos do curso "Creación e Xestión de Microempresas", prepara esta xornada, que arrinca ás 10:15 e rematará ás 14:00h.

Serán varias as sesións con experiencias que se compartirán como Aeromedia, Bico de Xeado, Cárnicos Domínguez, Filament2Print, Hobby Kart ou Núa Moda, todas empresas da volta.

Fonte

Comentarios