Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Santa Comba pon o traxe para loitar contra a vespa velutina

Santa Comba pon o traxe para loitar contra a vespa velutina
Belen Docampo entregou o traxe especifico para a vespa velutina a responsables do concello de Santa Comba Belén Docampo entregou o traxe específico para a vespa velutina a responsables do concello de Santa Comba Foron xa varios os municipios da bisbarra os que recibiron a principios do mes de maio os traxes para loitar contra a vespa velutina. Onte tocoulle o turno ao de Santa Comba que recibiu da man da delegada territoria da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Docampo, un traxe específico e diverso material para a loita contra a vespa velutina. Dende a administración autonómica insístese na importancia da coordinación entre as diferentes administracións na loita contra a vespa velutina. O ano pasado retiráronse máis de 5600 niños desta especie en 170 concellos de toda a comunidade galega. Cando un cidadán localiza un destes niños ten que chamar ao 012 para alertar da súa presenza, dando a localización máis exacta do mesmo e a súa descrición de cara a que os servizos de emerxencia poidan confirmar se se trata ou non dun niño de esta especie, que son grandes e redondos, están colgados en zonas altas e son de cor amarela. Novas relacionadas Fonte

Comentarios