Santa Comba recibe unha nova Motobomba contra incendios

06:13 28/07/17

Máns medios para que o parque de Bombeiros de Santa Comba poida loitar mellor contra os incendios forestais. A Xunta vén de facer entrega dunha nova motobomba ao concello xalleiro (tamén recibiron cadansúa os concellos de As Nogais, Mondoñedo, Silleda, Dozón, Cerdedo-Cotobade e A Lama).
Estas motobombas forman parte do operativo antiincendios de Medio Rural, que se reforza na tempada de alto risco. Está composto por 360 motobombas, 280 vehículos novos, cisternas, pas, unha trintena de medios aéreos e preto de 7.000 traballadores. Neste senso, a titular de Medio Rural lembrou que Galicia conta cun dos operativos máis potentes a nivel estatal e que está baixo o mando único da Xunta.
Incendios forestais 2017
- 20-04-17: Sufocado con rapidez un pequeno incendio forestal en Cee.
- 16-07-17: O incendio entre Cabana, Coristanco e Zas arrasou 18 hectáreas.
- 04-07-17: Un novo incendio en Vimianzo.
- 03-07-17: A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana.
- 24-0-6-17: Dous incendios no Castro e Corcoesto “abren” a tempada.
- Alertan da necesaria Deseucaliptización de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).