Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba serviu 3.000 tapas na ruta de novembro

Santa Comba serviu 3.000 tapas na ruta de novembro
Cafeteria Talladas levou o primeiro premio da Ruta de Tapas de SAnta Comba A Cafeteria Talladas levou o primeiro premio da Ruta de Tapas de SAnta Comba

3.000 tapas serviron os oito establecimentos participantes da IX Ruta de Tapas que armou a Asociación de Empresarios de Santa Comba durante as dúas últimas fins de semana de novembro. Unha cifra que demostra, ás claras, o potencial destas citas gastronómicas.

En cada local había presente pasaportes para que os clientes que degustaban as exquisitas tapas puntuasen ao seu criterio e segundo a puntuación deles os premios as tres mellores tapas foron para a Cervecería D'Mara co terceiro premio coa súa tapa "a cunca de Mar”. O segundo premio recaeu na Cafetería Rafael, coa tapa "arroz negro" e o primeiro premio para Cafetería Talladas coa tapa gañadora "pluma ibérica con salsa de setas e pataca palla”.

Escaparates para mercar na vila

Noutra banda, e dentro desta época de nadal a entidade conseguiu facer un escaparate de produtos e servizos por valor de máis de 2.000 euros grazas as colaboracións dos socios aportando os agasallos. Nesta ocasión sortearanse dous lotes e para participar hai que mercar nos establecementos asociados, os cales entregarán unha rifa de balde. O lema da campaña é “No Nadal elixe o comercio local” coa fin de promocionar e incentivar as compras na vila.

O sorteo do escaparate realizarase na nosa sede o 7 de xaneiro de 2019.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-rutas-de-tapas-danlle-moita-vida-ao-pobo/

Comentarios