Santa Comba vólcase polos cogumelos

07:20 30/10/15

Tempo de outono e a micoloxía convírtese en protagonista das actividades. Temos esta última fin de semana de outubro as I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, mentres que para a primeira de novembro tocarán as fundamentais Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee e mais as Xornadas de Zas.
A partir de aí collerá o relevo Santa Comba, cunha serie de actividades relacionadas co mundo funghi.
Organiza un par de Obradoiros para aprender a identificar os cogumelos, os sáabdos 14 e 21 de novembro no edifio multiusos.
E para poñer en práctica o aprendido, nada mellor que unha saída aos montes xalleiros os domingos 14 e 22, remantando esta segunda cita cunha boa degustación.
Poden anotarse no Edificio de Servizo Múltiples ou no 981 81 87 10.
Novas relacionadas
- I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra.
- Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee.
- Xornadas Micolóxicas de Zas.
Fonte
- Concello de Santa Comba.