Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un temporal de neve obriga a suspender o transporte escolar en Santa Comba

Un temporal de neve obriga a suspender o transporte escolar en Santa Comba
Un temporal de neve que acadará os niveis amarelos e laranxa de alerta, obrigou á consellería de Educación a cancelar hoxe e mañá o transporte escolar en 173 municipios galegos. O de Santa Comba é o único da bisbarra afectado por esta decisión da Xunta. A suspensión do transporte será entre as 12 horas de hoxe e as 12 horas de mañá xoves. Ademais, nestes municipios suspenderanse as actividades no exterior dos centros educativos ainda que non se determinou a suspensión da actividade docente polo que os centros educativos permanecerán abertos durante toda a xornada lectiva. Ante esta circunstancia, a Xunta de Galicia indica que os proxenitores elixirán recoller ao alumnado mediante medios de transporte non colectivos, ou non enviar ao alumnado ao centro educativo. A decisión de suspender o transporte de regreso baséase na situación de risco existente para o transporte colectivo, en función da predición meteorolóxica comunicada polo organismo con competencias sobre a materia, a AEMET. Fonte

Comentarios