Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha visita escolar ao mar do Pindo

Unha visita escolar ao mar do Pindo
Nenos de Santa Comba no Pindo

Como nos gustan estas visitas escolares. Hai tesouros que cómpre coñecer dende cativos, e para iso están as saídas extraescolares.

O pasado venres os protagonsitas foron os nenos de Educación Infantil do colexio Barrie de la Maza de Santa Comba, que visitaron a Confraría de Pescadores do Pindo. Tanto o persoal da Confraría como mariscadoras e socios xubilados foron os encargados de amosarlle aos nenos o Porto do Pindo, a praia de San Pedro e mesmo A Farola, así como as instalacións da confraría.

Nenos de Santa Comba na Farola do Pindo

Mestres e responsables das escolas da bisbarra, calquera colexio interesado en facer estes roteiros pode contactar coa Confaría a través do teléfono 981 764815 e do enderezo electrónico confrarí[email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios