0 57% dos galegos non pode permitirse ir de vacacións

09:00 28/05/14

8,114 euros ao ano
O limiar de pobreza calcúlase en función dos ingresos do ano anterior, de modo que en 2013 o límite de pobreza dunha persoa situouse en 8.114 euros, e en 17.040 para os fogares compostos por dous adultos e dous menores, fronte aos 8.321 e 17.473 euros, respectivamente, de 2012. Os ingresos máis elevados por persoa, con datos de 2012, son os do País Vasco, cunha media de 14.312 euros netos, con Navarra (13.608), Madrid (12.823) e Cataluña (12.111) a continuación. Por contra, os ingresos máis baixos rexistráronse en Estremadura (8.224 de media), Murcia (8.253), Andalucía (8.408) e Castela-A Mancha (8.425). Segundo estes datos, Murcia (63,6%), Andalucía (57,4%) e Galicia (57,1%) presentan as maiores porcentaxes de fogares que non poden permitirse ir de vacacións fóra de casa polo menos unha semana ao ano.Novas relacionadas
- Eleccións Europeas: A Costa da Morte non cre no final do bipartidismo.
- José Luís Louzán: Eleccións Europeas: Lecturas.
- Javier López Moríñigo: As favelas de Río: aprendizaxes nestes tempos de crise e aumento de suicidios.
- A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- Nova do xornal colaborador GC, membro da Asociación de Medios en Galego.