xoves. 13.11.2025
El tiempo

A Xunta afirma que o tramo de Corredor, non autovía, ata Vimianzo non estará listo ata 2029

  • A directora da AXI anuncio que a principio de 2026 a Xunta ten previsto licitar a redacción do proxecto de construción do novo treito Calo-Berdoias.
Oscar Insua e Maria Deza na Comision do Parlamento Galego
Oscar Insua e Maria Deza na Comision do Parlamento Galego
A Xunta afirma que o tramo de Corredor, non autovía, ata Vimianzo non estará listo ata 2029

Volveu levar o deputado do BNG na Costa da Morte, Oscar Insua ao Comisión 2ª de Ordenación Territorial e Obras Públicas do Parlamento Galego, unha serie de preguntas sobre as obras do novo tramo do Corredor da Costa da Morte entre Baio e Vimianzo, aprobado e sometido a información pública o pasado mes de xuño.

Insua lembrou que os Orzamentos da Xunta 2026 recollen unha partida de 8 millóns de euros, os mesmos que estaban recollidos nas contas de 2025 (que non se utilizaron), unhas contas que contiñan ademais unha previsión de investimento de 10M para este 2026.

Foi a directora xeral da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza, a que respondeu ás preguntas de Insua, confirmando que as obras do primeiro tramo do corredor non se rematarán ata 2029. Unha previsión que para Insua non é máis que “unha aldraxe á Costa da Morte”.

Enlace co polígono do Vimianzo

Insua criticou que proxecto se fai “tarde, mal e arrastro, pero que ademais nin sequera contempla o enlace co polígono de Vimianzo”, o punto que de feito provocou o retraso de máis de 5 anos ante a falta de acordo entre a Xunta e o Goberno Central para facerse cargo do enlace.

Díaz si que asegurou que a Xunta deixará feito o movemento de terras (o resto de movemento de terras xa se ten realizado ata Berdoias) ata para o enlace de Vimianzo Norte co polígono, pero non se referíu ás posibles obras, mesmo instando ao empresariado a que demanden esta infraestrutura… Insua si alertou do problema de tráfico no centro de Vimianzo que provocará que remate aí o paso da nova infraestrutura.

Novo treito

Aproveitou Deza para anunciar que a Xunta ten previsto licitar a principio de 2026 a redacción do proxecto de construción do novo treito Calo-Berdoias, de 16,46km, cuia rotonda final xa está proxectada.

Corredor, non autovía

Preguntoulle Insua pola posibilidade de recuperar os dous carrís da Autovia, tendo en conta que o volume de tráfico son equiparables aos que lle serviron á Xunta para xustificar o remate da autovía AG-59 desde Santiago á Estrada (case 9.000 vehículos entre Cee e Berdoias). Porén, Deza deixou claro que “os datos reflicten é que máis coherente continuar con corredor, coa posibilidade de ser desdoblable nun futuro”.
A directora da AXI argumento a baixada de tráfico do norte ao sur da infraestrutura, sinalando que na zona de Carballo pasan 7.400 vehículos diarios, polos 5.000 que pasan polo treito de Baio.

Insua acabou pedindo que daquela, “deixen de chamarlle Autovía, non enganen á veciñanza da Costa da Morte”, ao que Deza rectificou denominándoa na segunda intervención como Vía de Alta Capacidade.

Histórico da Autovía

 

Comentarios