10 concellos da comarca únense á campaña #SereSentir polo Día da Diversidade Sexual
Os Concellos de Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Muros, Ponteceso, ou Vimianzo, son algunhas das entidades adheridas á campaña de sensibilización posta en marcha pola Deputación da Coruña: “Liberdade de Ser e Sentir”, co gallo da conmemoración do 28 de xuño “Día da diversidade sexual”.
Concurso de Balcóns
O concurso Balcóns da Diversidade, trata de encher as vilas de arcos da vella. Aquelas persoas interesadas en participar a que envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
Caxoto no planeta LGTBIQ
Por exemplo o CIM muxián queren compartir esa mensaxe de tolerancia e respecto, con esta campaña en formato dixital desenvolta a través da web , por exemplo coa actividade Planeta LGTB, da man de Felipe Díaz (Caxoto), na que a través de contacontos reflexionarase sobre a riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
A webserie “Somos SEX
Hai tamén contidos para a adolescencia coa webserie “S.E.X”., creada en colaboración con Illa Bufarda.
Palestras
A toda esta programación hai que engadir unha serie de palestras centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades. En concreto serán catro as charlas que se emitirán dentro do programa, e xirarán arredor da diversidade sexual no deporte, na infancia, na adolescencia e no tratamento informativo e da literatura.