Fisterrra celebra un domingo de Orgullo e de compromiso con Venezuela
08:51 02/07/26
Fisterra xa ten o foco no vindeiro sábado 11 de xullo, cando se celebre o especial Entroido de Verán.
Pero antes, este domingo 5 de xullo, a vila do Cristo terá dúas citas moi simbólicas.
Pola mañá, ás 11:30h, Fisterra Pinta o Orgullo, un acto participativo para vivir a diversidade sexual. A actividade creativa, que se realiará na praza do Concello, estará coordinada polo gran Miguel FK, e xa se poden inscribir a través de info@concellofisterra.com.
Xa pola tarde, ás 19:00h, a veciñanza organiza unha concentración masiva de poboación venezolana.
