Sábado. 02.11.2024
El tiempo

12 entidades da Costa da Morte participan na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA

Grupo escolar de Fisterra na Limpeza de Praias
Un gupo escolar de Fisterra na Limpeza de Praias
12 entidades da Costa da Morte participan na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA

ADEGA coordina a XIII Limpeza Simultánea de Praias esta fin de semana de 25 ao 27 de outubro, en 29 concellos de toda Galicia. Máis de 50 grupos limparán os areais de 29 de concellos do territorio galego.

Na comarca, haberá limpezas en praias como Razo (Carballo), o Rostro e a Langosteira (Fisterra), e as praias da Rocha e Parameán (Muros). 

Dende a Costa da Morte colaboran na iniciativa:

  • Dous concellos da Costa da Morte (Carballo e Muros).
  • 4 entidades de Muros ademais o Concello: CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, EEI de Muros, CEIP Ramón de Artaza, ADEGA Compostela.
  • 4 centros de ensino da Laracha (CEIP de Caión, CEIP Alfredo Brañas, CEIO Otero Pedrayo e EEI A Lagoa).
  • O colectivo Boavista Collective de Carballo.
  • O CEIP Mar de Fóra de Fisterra.


Como participar

Podedes ver as localizacións e os horarios neste mapa, dende onde tamén podedes apuntarvos.

Cartaz Limpeza Simultanea de Praias ADEGA

Comentarios