13 concellos da Costa reciben axudas para a contratación dun técnico cultural
11:48 26/03/21
Coñecíamos esta semana os 14 concellos que recibiron axudas da Deputación para a contratación dun técnico de Turismo. Hoxe facemos o propio cos concellos que optaron ás axudas para o mantemento e creación de emprego, así como a profesionalización das áreas de Cultura Municipais.
Se para as de turismo quedaron fóra Cabana, Coristanco, Laxe, Mazaricos e Santa Comba; neste caso, quedan sen axuda os concellos de Laracha, Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Muxía e Santa Comba.
Axudas por concellos
CONCELLO DE CABANA | 14.970,00 |
CONCELLO DE CAMARIÑAS | 4.657,33 |
CONCELLO DE CARBALLO | 9.980,00 |
CONCELLO DE CARNOTA | 9.980,00 |
CONCELLO DE CEE | 14.970,00 |
CONCELLO DE DUMBRIA | 9.980,00 |
CONCELLO DE FISTERRA | 9.980,00 |
CONCELLO DE LAXE | 14.970,00 |
CONCELLO DE MALPICA | 14.970,00 |
CONCELLO DE MUROS | 14.970,00 |
CONCELLO DE PONTECESO | 14.970,00 |
CONCELLO DE VIMIANZO | 10.363,85 |
CONCELLO DE ZAS | 11.227,50 |