16 Concellos contratan técnico deportivo coas axudas da Deputación
A Deputación está publicando a lista de concellos que se adheriron ás súas axudas para a contratación de persoal técnico. Xa vimos que 13 concellos da Costa recibiron axudas para a contratación dun técnico cultural e outros 14 concellos para un técnico en Turismo. Hoxe coñecemos os que se presentaron para a contratación de técnicos deportivos.
Son 16 os concellos da comarca que pediron esta axuda, quedando exentos os de Cabana, A Laracha e Santa Comba.
”Ademáis de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 69 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores”.
A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa.
CONCELLO | ACHEGA |
Camariñas | 15.000 |
Carballo | 15.000 |
Carnota | 15.000 |
Cee | 15.000 |
Corcubión | 15.000 |
Coristanco | 10.000 |
Dumbría | 10.000 |
Fisterra | 10.000 |
Laxe | 15.000 |
Malpica | 15.000 |
Mazaricos | 15.000 |
Muros | 15.000 |
Muxía | 10.000 |
Ponteceso | 15.000 |
Vimianzo | 15.000 |
Zas | 10.000 |