2,5 millóns de euros a través do Plan Leader entraron na Costa dende o 2007


Habería que analizar ata que punto o investimento que leva feito o GDR Costa da Morte a través Programa Leader Galicia 2007 – 2013 serviu para o desenvolvemento da bisbarra. I é que unha inversión aceptada de 5.465.645,67€ e unha subvención concedida en firme de 2.473.198,07€ supón moito diñeiro.
Segundo aseguraba onte o Presidente, Manuel Muíño, nestes 6 anos de Plan Leader foron aprobados 51 proxectos, consolidando 160 empregos, pero creáronse apenas 32 empregos.
Ademais aínda hai outros 33 proxectos en proceso de tramitación, que crearían uns 19 postos de traballo máis.
Máis proxectos no 2014 e 2015
Había na zona unha especie de pánico a que a UE pechase a villa, e que nos quedásemos sen a galiña dos ovos de ouro. Pero as subvencións van seguir chegando sendo informaba onte o GDR, aínda que non está definitivamente aprobada a liña de axudas por parte da Xunta.
Novas relacionadas
- O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos.
- Xuño 2012: O GDR Bergantiños leva 26 proxectos e máis de 3 millóns de euros aprobados no que vai de ano.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepaspanacosta.com).