Martes. 16.04.2024
El tiempo

O GDR Bergantiños leva 26 proxectos e máis de 3 millóns de euros aprobados no que vai de ano

O GDR Bergantiños leva 26 proxectos e máis de 3 millóns de euros aprobados no que vai de ano

O pasado mércores 27 de xuño de 2012, reuniuse en sesión ordinaria a Asemblea Xeral da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños. Unha sesión que serviu para repasar o ano, preparar o ano que vén e dar conta da nova directiva.
Así, a entidade presentou o orzamento da entidade para o 2012, que ascende a 113.255,98 euros, cifra que corresponde, basicamente, cos gastos de funcionamento do programa LEADER e dos proxectos de cooperación nos que participa o GDR para o presente exercicio.

Proxectos aprobados 2012

Ata a data de redacción da memoria (xuño de 2012) rexistráronse un total de 42 solicitudes de axuda rexistradas das que xustamente a metade, 21 teñen xa a Resolución aprobatoria de AGADER e outras 5 están aprobadas polo Grupo (pendentes de Resolución). Estas 26 iniciativas supoñen un investimento total de 3.022.498,09 € e suporán a creación duns 15 postos de traballo e a consolidación de máis de 100 empregos.

Aquí poden comprobar os proxectos aprobados para tomar nota:

Proxectos como Colaborador

En relación coa convocatoria 2011 do MARM para proxectos de cooperación interterritorial no marco da Rede Rural Nacional, o Grupo presentouse como colaborador en seis iniciativas das que resultou aprobada unha por Resolución de data 28 de xullo de 2011.

  • “Calidad Agroalimentaria. Señas de Identidad de los territorios rurales”, coordinado polo Grupo AIDESCOM da provincia de Segovia, cuxo obxectivo principal é conseguir por medio do aumento da competitividade das pemes agroalimentarias dos territorios participantes, e da mellora da súa actividade.
  • “Nuevos Horizontes”: proxecto para o fomento de sementes tradicionais. En total participan 8 produtores locais de todo o ámbito territorial do Grupo (de Coristanco, de Xornes-Ponteceso, de Cerqueda-Malpica, de Laracha e de Leiloio-Malpica). Ademais de participar na XXXI Festa da Pataca de Coristanco”.

Nova directiva

Despois da aprobación da acta da Asemblea anterior, deuse conta do resultado do proceso electoral realizado o pasado 13 de xuño, coa elección da nova directiva, que se ratifica por unanimidade e que queda constituída do seguinte xeito:

  • PRESIDENTE: Evencio Ferrero Rodríguez (Alcalde Concello Carballo)
  • VICEPRESIDENTE: Eduardo Parga Veiga (Alcalde Concello Malpica de Bergantiños)
  • SECRETARIO: José Manuel López Varela (Alcalde Concello A Laracha)
  • TESOUREIRO: José Luis Fondo Aguiar (Alcalde Concello Ponteceso)
  • VOGAIS:
    - José Muíño Domínguez (Alcalde Concello Cabana de Bergantiños)
    - Antonio Pensado Plágaro (Alcalde Concello Coristanco)
    - Antonio Carracedo Sacedón (Alcalde Concello Laxe)
    - Perfecto Vázquez Lema (Deputado Provincial da Coruña)
    - Juan Carlos García Pose (APROCA – Galicia)
    - José Luis Vieites Quintáns (Asociación Cultural e de Veciños A Fonte Salgueira)
    - Evaristo Lareo Viñas (Confraría de pescadores de Caión)
    - Carmen Isabel Labrador Fariña (Asociación Oleira de Buño)
    - Joaquín Posse González (Asociación de Turismo Rural e Ocio da Costa da Morte)
    - Carmen Teresa Blanco Cancela (Asociación de Mulleres Rurais Atalaia de Malpica)
    - Jesús Manuel Villar Antelo (AFABER)
    - Isidro Varela Bardanca (AXOBER)
    - David Rodríguez Rodríguez (Xuventude do Concello de Laracha)
    - Francisco Veres Couto (Sociedade Cooperativa San Martín de Cores)
    - Margarita Varela Lema (Asociación Agraria Xóvenes Agricultores de Galicia)
    - Luis García Fernández (CPR EFA Fonteboa)

Novas relacionadas

Fonte

  • GDR Bergantiños.

Comentarios