Domingo. 13.10.2024
El tiempo

4 novos accidentes e a Garda Civil buscando ao mozo que ía a 200km/h por Ponteceso

Accidente en Talon-Fisterra
Accidente entre Talón e Sardiñeiro
4 novos accidentes e a Garda Civil buscando ao mozo que ía a 200km/h por Ponteceso

Semana negra nas estradas da Costa da Morte. Aos dous accidentes vividos en Berdoias e A Lagoa, entre a tarde deste luns e a mañá do martes temos que sumar 4 novos accidentes. Mentres, a alarma saltou nas redes sociais cuns vídeos colgados 

Xa onte, arredor das 17:00, houbo un accidente entre Talón e Sardiñeiro (Fisterra), cunha saída de vía dun vehíclo polo carril contrario, que provocaba que o vehículo quedase envorcado. A persoa ferida foi a conductora a cal foi axudada polos conductores que viron o accidente, e foi trasladada ao HVdX.

Accidente en Lira-Foto-GES MurosImaxe do accidente de Lira-Foto-GES Muros

Na entrada de Lira, dirección Lariño, houbo un choque no km.29 da AC-550 arredor das 11:45 da mañá dfe martes. Dous ocupantes tiveron que se trasladados polo 061 ao Hospital con feridas leves. Tiveron que intervir GES de Muros, Garda Civil de Tráfico, Policía Local.

Ademais, o cruce de Berdoias volveu ser foco de atención, cun golpe arredor da 13:00h, entre dúas furgonetas que se saldou só con danos materiais.

En Ponteceso, tamén houbo un novo accidente esta mañá.

A 200km por Ponteceso

”Solicitamos colaboración cidadá para dar co condutor que circulaba en Ponteceso a 201 km hora nun tramo limitado a 80 km/h”. Así nos pide a Garda Civil que axudemos entre todos a atopar o rapaz que subiu uns vídeos ao seu instagram (e que xa borrou a conta) andando a velocidades imposibles polas nosas estradas. En todo caso, a Garda Civil alerta de que non teñen constancia de que o rapaz que conducía é o mesmo que subiu os vídeos á rede.

Novas relacionadas

 

Comentarios