Mércores. 23.10.2019
El tiempo

6 novas nominacións para o fotógrafo Marcos Rodríguez aos Premios FEPFI

Unha das fotografías nominadas á categoría "Postvoda".
Unha das fotografías nominadas á categoría "Postvoda".
6 novas nominacións para o fotógrafo Marcos Rodríguez aos Premios FEPFI

O fotógrafo Marcos Rodríguez, que vai facer unha década co seu estudio fotográfico en Cee este decembro, leva reunindo durante anos unha longa lista de premios ás súas costas. E o seu palmarés non deixa de crecer. Esta vez o fotógrafo conseguiu 6 nominacións para  os premios FEPFI 2019: 3 nominacións á categoría Postvoda, 2 para Comercial e 1 na categoría de Libre Creación. Nunha charla que tivo QPC con Rodríguez, o fotógrafo nos explicou un pouco a esencia de cada fotografía.

No que respecta á categoría de Postvoda, dúas das tres fotos nominadas pertencen á sesión fotográfica dunha parella tamén costeira: Gema e Isma, de Cee e Fisterra respectivamente. En ambas as dúas fotos resalta o tipo de encadre e o xogo de luces e sombras, o que as fai máis misteriosas e enigmáticas. Esta última é unha técnica que lle encanta ao seu autor, quen recalca que "aínda que fagas a mesma foto 30 días seguidos, a luz difire dunha forma distinta e o resultado nunca será o mesmo". Por outra parte, a outra imaxe nominada en Postvoda foi feita en París, concretamente nunha das estacións de metro da "cidade do amor". Unha fotografía na que Rodríguez xogou coas velocidades para conseguir finalmente esta instatánea única.

nominacion postvoda marcos rodriguez fepfi 3nominacion postvoda marcos rodriguez fepfi 2

As fotografías polas que está nominado Marcos Rodríguez á categoría de Comercial son o resultado dunha sesión fotográfica á modelo carballesa Alejandra Vázquez para o estilista Carlos Bardullas, quen contou co traballo do fotógrafo para presentarse a uns premios internacionais nos que rematou sendo finalista.

nominacion comercial marcos rodriguez fepfinominacion comercial marcos rodriguez fepfi

Por último, a imaxe nominada á categoría de Libre Creación pertence a unha exposición fotográfica feita expresamente para o proxecto O Tempo da Aldea, onde amosa o resultado do despoboamento rural. A fotografía evidencia claramente unha marca do noso pasado, onde os cables quedaban á vista nas casas, e a decadencia á que se chega polo paso do tempo. "Agrádame moito que esta imaxe sexa finalista polo que significa este proxecto", sinala Rodríguez, xa que esta idea, realizada pola coperativa do mesmo nome, pretende a través da aldea de Robodechán poñer en valor e explotar os recursos da parroquia para crear postos de traballo e diminuír o risco de incendios e, así, darlle unha nova vida á aldea. Ademais, o fotógrafo engade entre risas que "de aí sacaron o logo de Pachá", xa que a imaxe dos interruptores da luz semellan dúas cereixas. 

nominacion libre creacion marcos rodriguez fepfi

Comentarios