Dous feridos tras un accidente dun camión en Carnota
Este sábado arredor das 10:30h, un particular informaba da saída de vía dun camión pequeno na AC-550, quilómetro 18.7, en San Mamede de Carnota. Indicaba que había dúas persoas fóra do vehículo. Tamén o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba conta deste accidente con feridos ao 112 Galicia.
Así, ademais dos sanitarios, foron informados a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os membros do GES de Muros e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que nada mais chegar ao punto, solicitaron medios de mantemento e limpeza polos restos de pedras e terra derramadas pola estrada.
Tras a evacuación dos feridos por parte dos profesionais sanitarios, os membros do GES comunicaron que ían a sinalizar un carril da estrada con conos, xa que o camión estaba semi envorcado na cuneta e ocupaba parte do carril, á espera da chegada dunha guindastre para a súa retirada.