2 FUTGAL: O Xallas ponse de líder mentres a zona baixa está tremenda
Preciosa está a Liga da Costa, por arriba e por abaixo. Por arriba, novo cambio de líder. O Xallas vencía ao Ponteceso e aproveitaba o empate do Porteño no Irmandiño e a derrota do San Lorenzo ante o Baio para colocarse líder. 5 puntos hai agora entre Xallas e Baio, os 4 equipos que parece que se xogarán todo trala derrota do Outes no Cairo.
Por abaixo, oou máis ben, no resto da táboa, a cousa está tremenda, con apenas dous equipo como Outes e Malpica que parecen estar en zona morna, pero con 10 equipos (nun pano de 9 puntos) inmersos na loita por evitar un descenso que vai estar moi caro. I é que os de abaixo están rascando puntos todas as semanas, e cómpre ter en conta que agora mesmo hai 4 descensos (2 directos e 2 arrastres) que poderían ser mesmo 3 arrastes arrastres se descenden os 3 equipos costeiros da 1ª.
Zas - Corcubión (3-2)
- Goles: 1-0, m.3: Darío; 1-1, m.16: Iago Lema golazo de falta; 2-1, m.37: Chiki de cabeza; 2-2, m.67: Rama a pase de César Lojo; 3-2, m.90: Pablo Fuentes.
O Sporting disputaba na mañá o encontro fronte ao Corcubión, moi condicionado polas numerosas baixas por lesión e sanción que deixaban ao equipo local moi xusto de xogadores. En fronte un Corcubión empeñado en meterse en problemas.
O equipo saíu enchufado e moi metido no encontro, e nos primeiros compases Darío adiantou aos locais cun gol de tacón ante unha defensa corcubionesa moi intensa. A reacción visitante non tardou: ao redor do cuarto de hora, Iago Lema igualou o marcador cun gol de falta directa que devolvía o equilibrio.
Co 1-1, o partido entrou nunha fase máis trabada, con moito mediocampismo e poucas ocasións claras. O xogo fíxose máis directo e as defensas impuxéronse durante varios minutos, ata que unha boa internada de Juan, rematou cunha conexión con Chiki, que devolveu a vantaxe ao Zas e permitiu chegar ao descanso co 2-1.
Na segunda metade o encontro volveu moverse nun guión similar, con pouco fútbol elaborado e moitas transicións, accións en longo e segundas xogadas. O punto de inflexión chegou arredor do minuto 60 coa expulsión de Anxo tras agarrar a César Lojo cando se dirixía cara portería, o que obrigou ao Sporting a disputar outro partido máis en inferioridade numérica. Cinco minutos despois, o Corcubión aproveitou o empuxe e logrou de novo o empate, poñendo o 2-2 e deixando o choque nun escenario de máxima tensión.
A partir de aí, o Corcubión moveu o banquiño en busca da vitoria, mentres o Zas, con dez, tratou de resistir con orde e buscar algunha contra para facer dano. O partido avanzaba cara a un final de nervios, no que ningún dos dous conxuntos conseguía materializar as súas chegada (tivo o bando visitante varias ocasións de César, de Rama e mesmo un remate de cabeza claro de Samu que marchou fóra) ata que apareceu o balón parado.
Nos últimos compases, un córner regalado polos corcubioneses, servido á área atopou a cabeza de Pablo Fuentes, que fixo o 3-2 e desatou a celebración en San Andrés. Un gol que vale ouro e que confirma unha vitoria de enorme mérito do Sporting Zas, que segue en postos de descenso pero que ve a teórica salvación a 5 puntos, que marcaría precisamente o Corcubión (se só hai 4 descensos).
Mazaricos - Monte Louro (2-0)
- Goles: 1-0, m.82: Fabián; 2-0, m.85: Fran Landeira.
Partido de infarto na Peña de Ouro. Foi un partido disputado, igualado, con ocasións para os dous equipos. O cadro de Bibi competiu moi ben na primeira metade, ante un Mazaricos que intentaba combinar algo máis.
Na segunda, tiña que aparecer Pedro nunha ocasión, pero tivo o cadro loureán 10 minutos claros no ecuador da segunda parte, pero non aproveitaron 3 grandes ocasións: unha de Xián ao poste; un man a man de Luismi que salva Ángel, que tamén fixo outra parada de mérito para deixar a porta a certo.
Así, un arreón final dos de Raúl Periscal, gracias á entrada dos xuvenís, que lle deron nova enerxía ao equipo e acabaron selando a vitoria local.
San Lorenzo - Baio (1-2)
- Goles: 0-1, m.24: Mamadou nun córner botado por Chechi; 0-2, m.89: Javi Muíño a pase de Damián; 1-2, m.90: Pape nun saque de banda longo.
Partido duro e trabado, condicionado polas constantes faltas e paróns en Verdillo. Chegaba o Baio con baixas importantes como sobre todo arriba, (MC, Chechi, Daimán Víctor ou o propio meta Rodri). O ritmo foi moi baixo durante moitas fases, dificultando que o SanLo puidese atopar continuidade no seu fútbol. O Baio estaba facendo un partido moi serio, sufrindo ante as xogadas a balón parado (córners e saque de band) do cadro local). E foi precisamente nun córner como se adiantaban os de Diego Lobelos. Non sufríu demasiado Jualián Fuentes na meta baiesa, pero tampouco Javi Souto tivo que intervir alén dun par de internadas de Mamadou e Josiño.
Na segunda metade, o San Lorenzo saíu decidido a remontar e levou o control do xogo, a pesar de ter o vento en contra. Os de Verdillo empurraron e buscaron o empate, pero cando máis volcados estaban, no minuto 89, o Baio aproveitou unha contra para facer o 0-2.
Aínda así, o SanLo non baixou os brazos e Pape recortou distancias no 91’, dando esperanzas ao equipo. Nos últimos instantes, os locais tiveron unha ocasión moi clara para lograr o empate, pero finalmente os tres puntos voaron.
Mala serie a do cadro carballés, sumando a súa 5ª xornada sen gañar. Pola contra, despois de 3 semanas con bo xogo pero sen puntos, o Baio conseguía gañar este domingo a base de esforzo. O cadro de Lobelos poderá estrear, tras 5 meses, o novo tapete do Platas Reinoso ante o Mazaricos o domingo 12.
Soneira - Porteño (1-1)
- Goles: 0-1, m.2: Baba nun córner pechado; 1-1, m.47: Richi remata unha falta lateral
Derbi moi disputado no Irmandiño, cunha primeira metade na que os da Ponte, que chegaban líderes, e comezababan marcando a balón parado e tiveron algunha ocasión máis. Co equipo moi mermado polas baixas, Josiño Abelenda optou por manter un bloque medio, priorizando a orde defensiva e buscando opcións en transición. A primeira metade transcorreu sen grandfes ocaisóns.
Na segunda, o Soneira, a pesar de quedar con 10 trala expulsión de Oreiro antes do descanso, estivo mellor, con máis intensidade e gañando cada disputa, e na primeira chegada xa marcaba o empate.
O Porteño dominaba ante un replegado cadro soneirán, pero a 15 do final, a expulsión de Carrabete igualaba a contenda e Dono tivo que salvar unha ocasón dos de Mayor.
Os da Ponte preparánse para a semifinal da Copa da Costa do vindeiro domingo ante o Malpica.
Sofán B - Cabana (4-3)
- Goles: 1-0, m.1: Dani Rod.; 2-0, m.10: Adrián Vázquez; 2-1, m.13: Brais tras unha contra ben levada por Migueliño; 3-1, m.17: Adrián Vázquez; 4-1, m.64: Nachete; 4-2, m.67: Xabi Parga tras unha ; 4-3, m.77: David Rey de penalti sobre Migueliño.
Partido no que saíron moi ben o cadro local ante un Cabana que, con moitos cambios no 11, saía moi mal ao céspede e vía como en 15 minutos o partido estaba xa con 3-1. Co paso dos minutos melloraron os cabaneses e tivo Xabi Parga o posible 3-2 antes do descanso.
Saíron algo mellor os de Mingui na segunda, cun Migueliño facendo dano, pero nun roubo, os carballeses facían o cuarto. Parecía todo sentenciado, pero este Cabana ten moita garra, pelexou ata o final e estivo a piques de sacar un punto do Carral. Souberon sufriron os de Zalo e sumaron unha vitoria importante para escapar da zona de perigo.
Muros - Malpica (0-0)
Partido con alternativas, e con ocasións, máis vistoso do que di o marcador, que puido caer de calquera lado. Na primeira tivo Dani Jurjo unha boa ocasión para os de Joaquín Quintáns que salvou Abdou (que volveu á titularidade tras moitas semanas con Suso ao mando), mentres que polo bando visitante, Aday e Mara avisaron.
Na segunda estirouse o Malpica, que apretaron co boas chegadas de Lou, Luis, Aday e Mara, pero o gol non dou chegado. Tamén, na área contraria, houbo outra ocasión os mesmos protagonistas, Dani e Abdou, volvendo saír gañador o meta senegalés do cadro malpicán, que xa pensa na Copa.
Xallas - Ponteceso (6-1)
- Goles: 1-0, m.3: Bryan; 2-0, m.5: Bryan; 2-1, m.45: Alberto Recarey de falta directa; 3-1, m.55: Bryan; 4-1, m.65: Alberto; 5-1, m.70: Peke de córner directo; 6-1, m.80: Alberto.
O Xallas conseguiu unha cómoda vitoria, adiantándose por 2-0 aos só 5 minutos. O Ponteceso reaccionou entón e comezou a crear ocasións, ante un Xallas que se repleou e ofreceu o balón ao rival, pero sen ningunha ocasión clara. Xusto antes do descanso, Alberto Recarey transformou un tiro libre para reducir a diferenza.
Aos dez minutos da segunda metade, un gol de Bryan tras unha xogada na que os visitantes pedían falta previa, rompeu o partido. Pouco despois, o Xallas engadiu un cuarto cun gol olímpico, ampliando a súa conta a seis goles contra un Ponteceso indefenso.
”Estamos superorgullosos deste equipo”, asegura Doriño, o míster dos xalleiros, pensando xa no Porteño-Xallas do vindeiro 12 de abril.
Corme - Outes (4-3)
- Goles: 0-1, m.36: Manel de falta; 1-1, m.42: Álvaro nun córner; 2-1, m.46: Samu Costa; 2-2, m.51: Keko; 3-2, m.69: Aitor mun córner; 3-3, m.85: Adrián Caamaño de penalti; 4-3, m.90: Mauro.
Partido de tolos no Cairo, moi competido, con moito ritmo e intensidade que puido caer de calquera lado. O Outes saía presionando ben, co vento a favor, e apretando. Abrían o marcador os de Geno de falta, pero antes do descanso o cadro de Ángel empataba nun córner.
Tivo máis o balón o Corme na segunda e nada máis saír se metían por díante despois dunha boa xogada por medio de Samu. Pero aos 5 minutos Keko volvía empatar a contenda coa axuda de Aitor. Refrendaba o seu erro o defensa cormelán e marcaba noutro córner. O Outes volviu a tomar a iniciativa, e a 5 min. do final conseguía igualar de novo dende os 11 metros.
Estaba tolo o partido, e chegaba a xogada polémica do partido. Mauro remataba de cabeza e facía gol “pantasma" que o colexiado dou válido, co complicado que pode ser ver se o balón entrou ou non (criticou moito Geno a actuación arbitral que calificou de “decisiva”). Veuse arriba aínda o Outes no tempo de desconto e a piques estivo de conseguir o empate.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.24: O Porteño asalta o liderato nunha Liga extremadamente comprimida.
- X.23: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo.
- X.22: Táboas.
- X.20: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño.
- X.19: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón.
- X.18: Está tola esta Liga da Costa.
- X.17: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo.
- X.16: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa.
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información<
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
