luns. 30.03.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira

O Oza celebrando a vitoria na rocheira
O SD Oza celebrando a vitoria nos vestiarios da Rocheira
3ª FUTGAL: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira

Venceu o Oza ao Coristanco e deixa encarrilada o título da 3ª da Costa. Cos dous equipos practicamente ascendidos de forma directa, o choque da Rocheira deixa aos carballeses con 4 puntos de vantaxe, con 18 puntos por xogar, e vendo a serie dos dous equipos parece complicado que haia moitos cambios na parte alta.

Ademais, na loita pola promoción, o Seaia deu un paso importante ao vencer no derbi ao Buño ao que deixa a 6 puntos O Laxe sacou de ouro ante o Volantes, e o Pereiriña venceu no Rodeiro quedando agora Cerqueda, Buño e Baíñas fóra, pero con moitas posibilidades de pelexar por eses 3 postos para acompañar ao Cee na promoción.

Cee - Muxía B (5-0)

  • Goles: 1-0, m.5: Regueiro; 2-0, m.42: Regueiro; 3-0, m.86: Anxo; 4-0, m.87: Josiño; 5-0, m.90.

Partido plácido para un Cee que xa se adiantaba nada máis comezar, ante un filial que esperaba replegado e que non permitíu grandes ocasións na primeira metade, chegando nalgunha contra e pedindo mesmo un penalti que o colexiado sinalou fóra da área. Antes do descanso o Cee ampliaba a renda.

Na segunda, cos de Congui algo máis estirados, os de Rafa facían máis dano aproveitando os espazos, e sentenciando o partido.

Cerqueda - Lira (1-0)

11 da UD Cerqueda tras vencer
11 da UD Cerqueda en Xaviña
11 do CF Lira
11 do CF Lira
  • Gol: 1-0, m. 44: Dani Reixía nun córner botado por Schuster.

Empezou o partido con uns minutos de tanteo entre un e outro equipo. Houbo chegadas polos dous bandos, cun par de internadas de Eloy e Dani por banda esquerda que non atoparon rematador para os de Gurita; e unha de Ramón e outra de Marcos que non acertaron os de Óscar Leis. Apretou a balón parado o cadro local, ata que ao fío do descanso, un córner botado por Schuster moi pechado era peiteado por Dani Reixía para abrir o marcador.

Comezaba apretando de novo o Cerqueda cunha chegada de Eloy que salva Raúl. O equipo liracho foi estirándose, e coa expulsión de Samuel, o Lira encerrou ao Buño. Tivo mesmo un penalti o equipo visitante, pero atallou Héctor e permitiu unha vitoria importante.

Nantón - Inter (4-0)

  • Goles: 1-0, m.19: Andrade nun córners; 2-0, m.56: Alex López; 3-0, m.86: Dani Cazón; 4-0, m.90: Alex López de golazo pola escuafra.

Partido frouxo nas Fontiñas, sen moito xogo nin ocasións. Apenas un gol de córner nunha sosa primeira metade.

Na segunda, o cadro de Adrián Varela buscou máis o balón e a expulsión do meta ceense Ema permitiu máis espazos, que aproveitaron os locais para sentenciar o partido. No papel do Inter, que a pesar de chegar con 12 xogadores, coa expulsión e con varios lesionados, competiron moi ben e con moita deportividade.

Camelle - Pereiriña (2-4)

  • Goles: 0-1, m.9: en propia; 0-2, m.29: Víctor Agulleiro; 1-2, m.47: Marcotiño nun córner; 1-3, m.57: Diego Oca de falta botada moi ben por Víctor Agulleiro; 2-3, m.78: Lucas C.; 2-3, m.90: Jon.

Comezou moi ben o Pereiriña, marcando pronto e ampliando a renda antes do descanso.

Na segunda, recurtaban de contado os locais, pero pronto amplían a renda os de Julito tamén de xogada a balón parado. Non deu o partido por perdido o equipo de Sergio e aínda se metía no choque a 10 do final, pero co equipo envorcado, un despexe deixa a Jon só dende o medio campo para facer o definitiivo cuarto tanto, que deixa ao equipo ceense na 6ª posición.

Seaia - Buño (2-0)

  • Goles: 1-0, m.39: Juni define no man a man tras un balón longo peiteado por Manu Castro; 2-0, m.61: Alex Mato.

Importante derbi disputado en Pedra Queimada coa promoción en xogo. Empezaban dominando os visitantes o balón, tendo a posesión e creando sensación de perigo, a pesar de non dispoñer de ocasións demasiado claras, salvando un man a man de Sergio que se precipita na finalización e Piña deten sen dificultade. O Seaia, ordenado, tivo un par de ocasións e aproveitou a xogada clave do partido: gol de Juni e na protesta por un posible fóra de xogo expulsión do central Adrián Pose.

Empezou a segunda parte un pouco máis igualada por estar os vistantes con 10, seguiu intentando o Buño pero sen acerto, ante un cadro de Manu Cancela que esperou o seu momento e o capi Alex Mato facía o segundo tnunha xogada a balón parado, tamén protestada por posible fóra de xogo. Apretaron os de Dani Calvete no treito final pero sen acerto.

Sporting Seaia celebrando a vitoria no derbi
Sporting Seaia celebrando a vitoria no derbi

Coristanco - Oza (1-3)

Plantel do Coristanco na Rocheira-Foto.Viki
Plantel do Coristanco na Rocheira- Foto: Viki
  • Coristanco: Roberto, Jonathan Fraga, Borja, Lorenzo, Dani Vázuqez, Jairo, Andy, Dani Casti, Kevin, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamém: Jairo, Lou, Xoel, Matteo e Baldo.
Plantel do SD Oza 25-26 na Rocheira
Plantel do SD Oza 25-26 na Rocheira. Foto: SD Oza
  • Oza: Samu, Brais Bolón, Marcos Carro, Raúl, Juan Lagoa, David, Miguel, Nacho Pose, Iago Lavandeira, Hugo Fraga e Salah. Tamén: Saad, Íker, Fernando, Eloy e Nico.
  • Goles: 0-1, m.36: Hugo Fraga tras un saque de banda longo de Lagoa; 1-1, m.38: Kevin de fermosa xogada; 1-2, m.45: Hugo Fraga noutro saque de banda longo de Lagoa; 1-3, m.92: Hugo Fraga dende o medio campo tras un mal saque do meta local, que esvarou.

Gañou o Oza na Rocheira, aproveitando o peor partido dos de Adrián Lema en toda a temporada. Aínda así tiveron 3 ocasións claras ao comezo os locais para poñerse por diante, obrigando a cambiar o esquema aos carballeses, que a partir do ecuador do promieiro tempo comezaron a combinar mellor.

Cambiou o partido á media hora, coa expulsión de Casti por unha suposta patada sen balón ao central carballes. Adiantouse aí o Oza tralo primeiro de Hugo tras un saque de banda longo de Lagoa.

Conseguíu aí o Coristanco, a pesar de estar con 10, o empate nun xogadón de Kevin, pero antes de rematar a primeira metade, repetiuse o guión co saque de banda de Lagoa e Hugo remata no segundo pau. Aí, antes de pitar o final da primeira metade, unha agresión de Jonathan Fraga polos locais e outra de Juan Lagoa polos visitante deixaba a un equipo con 9 e outro con 10.

Así e todo, o Coristanco apretou e moito durante todo o segundo tempo, e só no m.92, e tras un esvarón do meta local nun saque dende a súa área, permitía ao goleador da tarde, recoller só no medio campo e picarlla por arriba para sentenciar o partido e asinar media Liga.

Laxe - Volantes (2-2)

11 do Volantes de Baño en Laxe
11 do Volantes de Baño en Laxe
  • Goles: 0-1, m.6: Raúl de penalti; 0-2, m.24: Raúl; 1-2, m.88: Djamel; 2-2, m.92: Leo.
Xandre e o capi dao Laxe co arbitro Alfonso Caamaño
Xandre e Djamel co árbitro Alfonso Caamaño

Chegaba o cadro de Manu Saleta con moitas baixas importantes como as de Bieito, Elías, Eloy… e lesionábase Santi Casás, o cerebro no medio campo, no quecemento. E saían regular os locais, ante un Volantes que foi superior durante a primeira metade. Ademais dos dous tantos de Raúl, os de Ramiro er Ubaldo tiveron dous mans a mans e un remate de Alexis a un metro da liña de gol que se foi alto. Tamén Djamel mandaba un balón á madeira pero parecía que non era día dos locais.

Entraron mellor na segunda os laxenses na segunda, pero parecía que os visitantes o tiñan controlado, tendo 3 boas ocasións, e un gol anulado por un protestado fóra de xogo. Foi unha segunda trabada, coa lesión de Cundíns, que tivo que ir ao Hospital (parece que non hai rotura). Pero no treito final, nun arreón final, conseguía recurtar o Laxe nunha xogada na que os visitantes pedían falta ao porteiro. E xa no desconto, á desesperada, empate, que deixa con cara de parvos aos de Baño.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios