Os 10 costeiros finados nos campos de refuxiados de Mauthausen-Gusen

14:54 09/08/19
Pasaron caseo 80 anos anos dende que 3 dumbrieses, un fisterrán, un ceense, un mazaricán, un malpicán, un muradán, un vimiancés e un zaseiro, perdían vida nos campos de concentración de Mauthausen-Gusen. Tantos anos tiveron que pasar para que o goberno estatal recoñecese, con nomes e apelidos, unha traxedia que deixou no esquecemento a 4.427 españois, entre eles máis de 100 galegos. Onte, o goberno de España publicaba no BOE publicou os seus nomes coa intención de “reparar e recoñecer a vítimas e familiares”.
Apelidos | Nome | Data Nacemento | Lugar | Data da Morte | Campo de Concentración |
ALBITE MIRANDA | SILVESTRE | 05/09/1912 | OLVEIRA | 09/11/1941 | MAUTHAUSEN |
BECERRA TRINANEZ | JOSE | 04/09/1915 | CARANTOÑA | 19/11/1941 | GUSEN |
FARIÑA CHOUPINO | ANTONIO "da Rosa" | 09/07/1906 | MALPICA | 06/05/1941 | MAUTHAUSEN |
PIÑEIRO AGUILLEIRO | MANUEL | 26/12/1905 | DUMBRIA | 16/02/1942 | MAUTHAUSEN |
RAMOS GONZALEZ | VALENTIN | 01/05/1899 | BRANDOMIL | 09/09/1941 | MAUTHAUSEN |
RODRIGUEZ LOURO | MANUEL | 15/05/1916 | EZARO | 16/09/1941 | GUSEN |
ROMANI ABEIJON | EDUARDO | 16/04/1915 | MUROS | 08/07/1941 | GUSEN |
LAMELA MARCATE | RAMON | 09/01/1915 | FISTERRA | 04/02/1942 | GUSEN |
FIDALGO PÉREZ | JOSÉ | 01/08/1910 | CASTIÑEIROS, CEE | 06/04/1941 | GUSEN |
FIDALGO ANTELO | DANIEL | 21/03/1913 | CASTRARÓN, aldea desaparecida de Os Vaos polo enconro da Fervenza, MAZARICOS | 03/02/1941 | GUSEN |
Só Dumbría ten realizado algún evento para lembrar ás vítimas, adiantándose a todas as intitucións españolas aló polo 2006. Veremos se a comarca recupera o asunto artellando algún acto.