venres. 05.06.2026
El tiempo

7 novas empresas súmanse á marca de calidade "Costa da Morte - Terra Atlántica"

banner costa da Morte-Terra Atlantica
7 novas empresas súmanse á marca de calidade "Costa da Morte - Terra Atlántica"

A marca de calidade territorial "Costa da Morte - Terra Atlántica" continúa medrando e reforzando a súa rede de empresas comprometidas co desenvolvemento sostible, a identidade territorial e a excelencia dos seus produtos e servizos. Na sesión da Xunta Directiva do GDR Costa da Morte, celebrada o pasado mércores 3 de xuño, foron aprobadas sete novas incorporacións á marca tras a revisión favorable das súas solicitudes.

As empresas e profesionais que pasan a formar parte da marca son:

  • Proyectos Climáticos de Galicia, SL (Vimianzo)
  • Espazo Nature Retreat, SL (Razo – Carballo)
  • Gubem Event, SL (Vimianzo)
  • Mecanizados Ainán, SL (Carballo)
  • Ana María Antelo Quintáns – Ana Trasariz (Baíñas – Vimianzo)
  • Centro de Día Nicoli, SL (Coristanco)
  • Valentín Amigo Pombo – Carnicería Valentín (Cee)

Estas incorporacións súmanse ás dúas empresas que xa obtiveran a adhesión á marca nos primeiros meses do ano, formando un total de 53 empresas:

  • Pensión Lar de Canedo (Carnota)
  • Manuel Suárez Garrido – Casa Luardo (Coristanco)

 

A marca territorial promovida polo GDR Costa da Morte recoñece a aquelas iniciativas que contribúen á promoción dos valores propios do territorio, fomentando a calidade, a sustentabilidade, a innovación e o arraigamento local.

 

Comentarios