Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#7marabillas: O Hórreo de Carnota

#7marabillas: O Hórreo de Carnota
O Hórreo de Carnota, unha das 7 marabillas da Costa da Morte segundo os siareiros de Bazarra

Queremos recuperar a campaña que a Estación de Servizo Bazarra sacou nas súas redes sociais sobre as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte?. Xa sabedes que foi a través dunha votación popular, así que pode haber diversidade de opinións, pero a voz dos lectores é sacra.

Así que imos repasalas unha por unha, relacionándoas cos Recunchos da Costa. Hoxe comezamos polo O hórreo de Carnota, que así nolo presentan os amigos de Bazarra:

Este hórreo situado en pleno centro do Concello de Carnota foi capaz de cambiar a súa inicial función de almacenaxe por unha función de embelecer a contorna sen cambiar nin unha soa das súas pedras de lugar. Foi contruído entre 1768 e 1783 e nel resgardábanse as colleitas pertencentes ao “diezmo” da Igrexa. Os seus 34,74 metros de longo, os seus 22 pares de pés, o seu estado de conservación e a contorna no que está situado leváronlle a ser nomeado Monumento Nacional.

Por certo, unha cousa, sabedes cal é o horreo máis longo de Galicia?.

Máis información

Fonte

Comentarios