Venres. 19.04.2024
El tiempo

A borrasca Helena deixa xa ondas de 8 metros e refachos de 141 km/h na Costa da Morte

A borrasca Helena deixa xa ondas de 8 metros e refachos de 141 km/h na Costa da Morte

Temporal de Mar en Muxia-Foto-Rafa QUintans Temporal de Mar en Muxia-Foto-Rafa QUintans A Costa da Morte está en pleno temporal. A borrasca Helena está deixando a súa pegada na bisbarra en forma de vento e ondas. De feito, a pesar de non ter aínda constancia de incidencias imporantes, como nos destacan dende Meteogalicia, a situación do mar é o máis destacado deste temporal. “O mar vai estar moi rebelde en todo o litoral coruñés, cun aviso vermello para o día de hoxe venres, por mar combinado (mar de vento e mar de fondo), que fan que as ondas superen os 7 e 8 metros”. De feito, a boia das Illas Sisargas xa ten rexistrado unha altura de 7,73 metros de altura… Por iso, avisan de que cómpre termos moita precaución nos paseos marítimos e o resto da costa entre as 13 e as 16h (pleamar 14:30). Proteccion Civil de Muxia acordoa a zona da Barca Proteccion Civil e Policía Local de Muxía acordoa a zona da Barca para a preamar deste mediodía A Alerta Vermella no mar estará presente todo o venres, e a partir do sábado quedará un aviso Laranxa, con ondas de 5-6 metros, ata as 21:00h. Para a noite do sábado baixará a nivel amarelo e odomingo non haberá avisos, pois serán “só” ondas de 3 a 4 metros. Temporal de mar coa Borrasca Helena na Barca-Foto-Rafa Quintans Temporal de mar coa Borrasca Helena na Barca-Foto-Rafa Quintans Temporal de mar en Arlina-Foto-Prot Civil Muxia copia Temporal de mar en Arliña-Foto-Prot. Civil Muxia

En terra, descarga eléctrica, vento e saraiba

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/521343725019206/?t=0 Así descargaba esta mañá a súa furia Helena sobre o porto de Brens, nunha mañá na que xa houbo varias saraibadas en zonas como Muxía ou Laxe. En clave de vento, a estación de Lira rexistrou o refacho máis forte de toda Galicia, nada menos que 141km/h. Ademais, en Malpica sufriron velocidades de 122 km/h, como recollían dende 4gotas, avisando tamén que ata as 15:00h a cousa estará moi complicada. Tamén está chovendo, e moito, en lugares como Fisterra, onde xa recibiron 14 litros por metro cadrado. Segundo Meteogalicia hoxe manteranse estes ceos nublados que traeran chuvacos ao longo do día, e que se manterán durante a mañá do sábado. As temperaturas aínda baixarán durante o sábado e o domingo, sobre todo no interior, onde volverá haber importantes xeadas. A previsión indica que o domingo, tempo máis tranquilo, alternancia de nubes e claros, seguramente non choverá, con chuvias febles na madrigada do domingo. Temporal de mar en Fisterra-Foto-Semaforo Temporal de mar en Fisterra-Foto-Semaforo

Incidencias

Os Bombeiros de Cee xa tiveron que proceder á retirada dunha árbore caída no Lugar de Pións (Camariñas), arredor das 9:00h da mañá. O piñeiro cortaba unha pista e quedara apoiado nuns cables de corrente e teléfono. Tamén por Carnota o GES de Muros fixo unha acción semellante.  

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/mana-de-temporal-de-vento-e-chuvia-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-temporal-de-chuvia-deixa-numerosas-incidencias-na-comarca/

Comentarios