Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Buserana condenan o suposto parricidio de Oza-Cesuras

A Buserana condenan o suposto parricidio de Oza-Cesuras
buseranas A organización feminista Buserana leva máis de quince anos traballando por un mundo máis xusto "O machismo tamén asasina crianzas". Así comeza o texto de repulsa emitido onte pola organización feminista Buserana:
"Coma se as malleiras, asoballamentos, coaccións, ameazas e asasinatos non fosen dabondo contra o que loitar, a perversidade machista última é asasinar as súas propias crianzas, as que tiveron coas súas parellas ou ex parellas e as que arrebatarán a vida para que elas sufran unha dor que saben será eterna. Nenos e nenas convertidos en instrumentos para que o machismo poida ferir onde máis doe. Para que poida dar o golpe definitivo a anos de sufrimento e sometemento. Vén de acontecer ao noso carón, nunha localidade preto de A Coruña onde Javier, aos seus once anos e no retorcemento máis psicópata, era asasinado polo seu pai no mesmo Día da Nai e abandoado no monte coma ningunha alimaña o fai cos seus cachorros. Pero antes del houbo outros: catro exactamente no que vai de ano. Un por cada mes que levamos de 2017. Cinco inocentes vítimas do machismo pero tamén da desprotección institucional; da mesma que obriga a fillos e fillas a cumprir réximes de visitas con eses pais que en moitos casos levan toda a vida vendo maltratar a súa nai, que foron condeados pero que aínda así desfrutan dos seus dereitos en detrimento da seguridade dos menores.
En Buserana nunca nos fartaremos de erguer a voz, a protesta, de chamar á loita e ao compromiso dende todos os frentes porque o machismo nunca deixa de ser actualidade. Estamos cansas de ser portada de medios sesgados que lamentan que "morramos" ou sexamos vítimas de "sucesos desafortunados", coma se ser asasinada pola parella que non se resigna a que non queiras seguir con el, ou enfrortarte ao asasinato das túas crianzas a mans do seu propio pai fose algo aleatorio, algo coma cruzar a rúa e que te atropelle un coche. E non é. Por iso mesmo a complicidade dos medios co machismo só consegue alentalo, desculpalo e convertir á vítima en verdugo. Mesmo cando teñen doce, once, oito, cinco e un ano. Os cinco nenos e nenas que o machismo nos arrebatou a todas. Por iso Buserana pide a implicación institucional, cidadá é mediática para que o machismo non sexa nunca máis actualidade. Non basta con ter coidado... o machismo mata. Súmate a combáteo!".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios