Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A CIG mobiliza á clase obreira para ir á Manifestación coruñesa contra a Reforma Laboral do 10 de marzo

A CIG mobiliza á clase obreira para ir á Manifestación coruñesa contra a Reforma Laboral do 10 de marzo

A CIG, con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, ten convocadas para o próximo sábado manifestacións nas sete cidades galegas contra "a lesiva" reforma do mercado laboral aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy.

"Unha reforma que supón a maior agresión á clase traballadora dende o franquismo", califican. "Esta reforma laboral, ao contrario do que asegura o PP, non servirá para crear emprego; senón que se tomou o pretexto da crise económica para desequilibrar a balanza das relacións laborais a favor da patronal, expandindo o medo á perda do emprego como poderosa ferramenta para precarizar e desregular as condicións do mundo do traballo e obter así maiores beneficios".

Denuncian ademais que "dende a súa aprobación, cada día estanse incrementando o número de empresarios que utilizan as facilidades estabelecidas na reforma para despedir de xeito rápido e barato e recortar os dereitos dos traballadores e traballadoras".

Por iso, "a CIG está levando a cabo unha intensa campaña de concienciación e mobilización social que desembocará na convocatoria de Folga Xeral o vindeiro 29 de Marzo".

Pero antes hai cita na Coruña. A Unión Local da CIG en Cee porá autobuses para acudir á manifestación convocada na cidade da Coruña para este sábado 10 de marzo, que sairán ás 10:00 horas da estación. As persoas interesadas en utilizar este servizo poderán anotarse no local da CIG en Cee, ou ben chamando por teléfono ao 981 745 266, até o venres día 9 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG.

Comentarios