Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A CMAT dá novos pasos cara a implementación do Centro BTT

A CMAT dá novos pasos cara a implementación do Centro BTT
Á reunion de A Laracha asistiron o presidente da CMAT, Juan José Blanco, o alcalde de A Laracha José Manuel Varela, Pablo Canosa, secretario de CMAT e Sandra Rial, alcaldesa de Camariñas Á reunion de A Laracha asistiron o presidente da CMAT, Juan José Blanco, o alcalde de A Laracha José Manuel Varela, Pablo Canosa, secretario de CMAT e Sandra Rial, alcaldesa de Camariñas. Tamén estiveron presentes en representación da Secretaría Técnica do CMAT, as técnicos Eugenia Juncal e Marta Rodríguez

A Xunta directiva da CMAT, reúniuse esta mañá no concello de A Laracha, para abordar como un dos principais temas a revisión do Plan de acción para o turismo de Costa da Morte que se está levando a cabo neste último trimestre do ano.
A CMAT presentará en breve os resultados de análise, diagnose e formulación estratéxica do Plan de Acción de Turismo de Costa da Morte, co obxecto de manter informado ao sector e recoller posibles suxestións a incorporar no documento definitivo.
Nesta mesma liña de traballo tamen se dibuxaron os compromisos e os roles a adquirir por parte dos concellos e da CMAT en relación coa implementación do novo Centro BTT.
Entre outros tamen se analizou de forma pormenorizada a planificación da asistencia ás feiras turísticas do último cuarto deste ano e principios do 2019, nas que a CMAT se verá representada.
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/centro-btt-costa-da-morte-unha-senda-que-conecta-10-concellos/ https://quepasanacosta.gal/a-xunta-asina-un-convenio-ca-cmat-que-permite-dous-anos-de-estabilidade-para-marcar-a-estratexia/

Comentarios