Xoves. 12.09.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe 225.000 euros de Turismo de Galicia

A Costa da Morte recibe 225.000 euros de Turismo de Galicia
san-fins-09-5 As festas de interese turístico, como a de San Fins do Castro, recibirán 3000 euros Co fin de acometer as obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das infraestruturas turísticas e para as festas declaradas de interese turístico galego, a comarca de Bergantiños e da Costa da Morte recibirá este ano un total de 227.358 euros procedentes da liña de axudas de Turismo de Galicia. Así o lembrou onte o delegado territorial da Xunta na Coruña durante un encontro de traballo para avanzar no Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia, realizado no xeodestino de Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). A esta cantidade hai que sumarlle as achegas da Deputación da Coruña e as dos propios concellos.  Tal e como explicou Ovidio Rodeiro, para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia ampliou este ano os fondos dirixidos aos concellos. A liña para melloras nas infraestruturas incrementouse en 2018 un millón de euros, ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios. O apoio aos concellos centrouse en 12 proxectos na comarca de Carballo-Costa da Morte. Entre os investimentos máis importantes destacan a rehabilitación do centro de interpretación de Buño para uso turísticos, a mellora de sinalización de recursos turísticos en Muxía, a mellora de accesibilidade e sinalización aos recursos turísticos de Ponteceso ou a iluminación do paseo marítimo da praia de Langosteira en Fisterra, entre outras actuacións. Na área de Carballo-Costa da Morte recibirán unha axuda de 3.000 euros a través de Turismo de Galicia a XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas, a Semana Santa de Fisterra, a Festa das Cereixas de Paiosaco, a Festa do Naufraxio de Laxe, a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, a Festa do Percebe do Roncudo, a Romaría San Fins do Castro e a Faguía de Carnés. Relación de subvencións por concellos:
  • CABANA DE BERGANTIÑOS: Instalación de paneis de sinalización para o dolmen de Dombate  - 4.660,14 €
  • CABANA DE BERGANTIÑOS:  Romaría San Fins do Castro - 3.000,00 €
  • CAMARIÑAS:  Mellora das infraestruturas turísticas - 12.827,66 €
  • CAMARIÑAS: XXVIII Mostra do Encaixe - 3.000,00 €
  • CORCUBIÓN: Contratación persoal oficinas turismo - 5.200,00 €
  • DUMBRÍA: Recuperación de espazos e mellora da accesibilidade no acceso á fervenza do Ézaro -33.655,15 €
  • FISTERRA: Iluminación do paseo marítimo da praia Langosteira - 30.223,57 €
  • FISTERRA:  Contratación persoal oficinas turismo - 5.200,00 €
  • FISTERRA: Semana Santa de Fisterra. Festas do Cristo - 3.000,00 €
  • LAXE: Festa do Naufraxio de Laxe - 3.000,00 €
  • LAXE: Contratación persoal oficinas turismo -4.286,64 €
  • MALPICA: Romaría de Santo Hadrián de Malpica - 3.000,00 €
  • MUXÍA: Actuacións de sinalización e mellora dos recursos turísticos - 29.403,84 €
  • PONTECESO:  Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos: hermida, Osmo e ruta PRG 148 -34.411,75 €
  • PONTECESO: Festa do Percebe do Roncudo - 3.000,00 €
  • VIMIANZO: Sinalización accesible dun conxunto de bens culturais -17.696,25 €
  • VIMIANZO: Faguía de Carnés - 3.000,00 €
Fonte  

Comentarios