martes. 28.10.2025
El tiempo

FUTFEM: No pelotón

Nerea a pichichi do Sporting Zas
Nerea fixo un triplete co Zas. Foto: Sp. Zas
FUTFEM: No pelotón

Xornada variada no Futfem costeiro, con media xornada da #LigadaCostaFEM (O Camariñas bateu co Corcubión no duelo de colíderes), ademais da xornada completa nunha 2ª Div. que ten 2 equipos destacados (Muxía e o Tordoira de Curro, que dou conta da Esteirana) por arriba e 3 por abaixo, e un pelotón de 8 conxuntos entre 9-10 puntos. Co Dumbría xa un pasiño por riba do grupo, aí se sitúan as nosas Corme e Cee, e tamén ode entrar na Esteirana pero ten un partido menos.

Mentres, na 1ª, segue sumando o Xallas, xa con 4 partidos consecutivos sen perder, na 8ª praza, con 10 puntos, a 6 do líder, a xa con 9 de distancia sobre os dous postos de descenso.

1ª Div. Fem, xornada 6

Pastoriza - Xallas (2-4)

  • Xallas: Rosío, Carla, Ahinoa, Andrea Otero, Sara, Barcia, Noe, Mery Rial, Isa, Espasandín e Oli. Tamén: Graci, Silvia, Valeria, Daniela, Gasco.
  • Goles: 0-1, m.4: Isa a centro de Noe; 0-2, m.8: Mery dende a frontal; 0-3, m.21: Paula Barcia a pase de Barcia; 1-3, m.23: Candela; 1-4, m.50: Olalla a centro de Ahinoa; 2-4, m.89: Sabela Veiga.

Tocáballe visitar o campo do Pastoriza ao cadro de Eloy García Fateira, rival co que se xogaron a pasada tempada o título de liga da 2ª división ata a última xornada. Había gañas nos dous bandos, pero foron as xalleiras as que saíron máis metidas no partido. Isa, a centro de Noe, e Mery dende a frontal, ambas as dúas tras xogadas a balón parado, metían ás visitantes por diante moi pronto. Non tardaría en chegar o terceiro, pouco antes de que as locais recurtaran tras un mal entendemento entre e Mery e Ro.

No segundo tempo as xalleiras quixeron o balón para controlar os tempos do partido, e pronto chegaría o cuarto. Os minutos foron pasando sen moito perigo para a vitoria costeira.

Xallas FC fem

2ª Div. Fem., xornada 5

Esteirana - Tordoia (2-6)

  • Esteirana: Maruxa, Tobío, Uxía, Sara Brión, Sandra Dosil Lara, Nuria, Mart, Melania, Bárbara e Rut. Tamén: Nerea, Ali, Lidia.
  • Goles: 0-1, m.27: na Domínguez; 0-2, m.33: Rebeca Puente; 0-3, m.39: Irena; 0-4, m.42: Ana Domínguez; 1-4, m.56: Sandra; 1-5, m.68: Rebeca; 2-5, m.72: Rut; 2-6, m.80: Laura.

Unha nova derrota, a terceira consecutiva, dunha Esteirana novamente limitada polas baixas e con so dous cambios. Así e todo, e a pesar do que indica o marcador, as de Fran Figueroa levaron o control do partido, comezaron dominando e meténdoas no seu campo, aínda faltas de acerto nos metros finais. Pero as de Curro (ex do Ponteceso) demostraron por que son claras favoritas, e a cada chegada, gol. Así transcorreu a primeira parte, cunha demostración tremenda de Rebeca Puente.

Na segunda intentáronno as locais con varios balóns filtrados ata que Rut consigue plantarse ante Lydia que golpea ca planta do pé á dianteira vendo cartón vermello. Sandra materializa a falta dende a frontal e aí as locais teñen uns minutos de intensidade aos que as visitantes responderon con oficio e lanzando xogo directo que Rebeca soubo mantelas a pesares de ser unha menos.

Orilla - Dumbría (0-1)

Cf Dumbria Fem oubtuto 25 copia

  • Dumbría: Liss, Carril, Yaiza, Mariña, Carla Recarey, Sabela, Claudia Cundíns, Paula Fandiño, Alba, Elba e Carla Lago. Tamén: María, Ali, Lara Villar, Laura e Lara Arias.
  • Gol: 0-1, m.60: Carla Lago.

Bo partido dun Orilla que aínda non estreou o taboleiro de puntos, ante un Dumbría que vai encamiñando a temporada, afianzándose na zona noble. E iso que saíron durmidas as de Santi Lira, que estiveron a mercé do conxunto herculino nos primeiros compases. Co paso dos minutos fóronse facendo co dominio da pelota, facendo ocasioós de gol clara pero co mesmo acerto de sempre, con precipitacións ante un Orillamar ben ordeado e coa idea clara de facer transicións rápidas. De feito, tiveron un man a man moi claro na primeira parte pero Liss desviaba a córner.

Na segunda coas ideas algo máis claras as costeiras fixéronse co dominio, atopándose unha e outra vez coa defensa local e a falta de puntería. Tivo que ser un balón de Carla Lago a que rompese o empate. Puido combinar con máis tranquilidade aí o Dumbría ante un Orilla que ía subindo liñas e deixando máis espazos, pero o marcador non se movería, nin sequera no desconto, cando unha falta ao borde da área a piques estivo de costarlle, como a semana pasada ante o Campestre, dous puntos ás dumbriesas.

Cultural Maniños - Muxía (0-8)

  • Muxía: Sheyla, María, Nerea Barrientos, Raquel, Andrea Piroja, Paula, Laura Doce, Eva Lago, Patri Romaní, Elsi, Barca. Tamén: Eva Lema, Vero, Ana Toba, Nerea Pazos e Andrea Insua.
  • Goles: 0-1, m.5: Barca; 0-2, m.21: Barca de penalti; 0-3, m.44: Barca; 0-4, m.55: Nerea Barrientos; 0-5, m.56: Eva Lago; 0-6, m.69: Eva Lema; 0-7, m.80: Eva Lema; 0-8, m84: Barca.

Superiores dende o pitido inicial as de Noe Iglesias, e choque resolto moi pronto, coa pegada de Barca na primeira metade. As visitantes non tiraron á meta de Sheyla, e foron sufrindo máis e máis co paso dos minutos ante o gran estado de forma das Corviñas.

CF Muxia feminino 2025 lider

Cee - Ordes (3-2)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Caridad, Sabela, Laura, Nina, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Martínez. Tamén: Valeria, Lucía Caamaño, Thalia, Gala e Noa.
  • Goles: 1-0, m.7: Lucía Martínez de volea; 1-1, m.24: Eva Tacón; 2-1, m.43: Nina Lojo; 3-1, m.48: Ramos; 3-2, m.60: Paula Márquez.

Boa vitoria cense que a sitúa na zona morna e a alonxa dos postos de abaixo. As ceenses foron superiores pero tiveron que pelexar ata o pitido final para quedar cos puntos.

Empezaron o partido moi ben e moi ordenadas as de Rafa e Martínez marcaría de volea dende o borde da área. O equipo estaba ben plantado pero nunha contra empataban as visitantes. Sentou mal ese tanto, e tocou sufrir ata o final do descanso, pero apareceu a figura de Nina para facer un golazo pola escuadra que daba ás ás locais.

De feito, comezaron moito mellor a segunda, e pronto Ramos marcaba o terceiro. A partir de aí o partido transcurriu cun ritmo lento. Recortaron pero o partido seguiu sen complicacións e non houbo moitas máis chegadas a portería.

A familia ceense deidicou a vitoria á capi Nerea que vai estar alonxada por culpa dunha lesión dos terreos de xogo. Tamén manda ánimo á xogadora do Ordenes Eva Tacón tras unha grave lesión ocurrida no partido.

Corme - Nicrariense (2-0)

Corme CF Fem no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Corme: Lucía; Salomé (Ana), Laura (Carla Vázquez), Lucía; Zeltia (Candela) Olalla, Ana, Nati, Cris, Claudia, Carla.
  • Goles: 1-0, m14: Claudia; 2-0, m.55: Claudia.

Coa volta de Claudia e Carla o cadro de Rubén Souto recuperaba, aínda que só por momentos, ese bo xogo que lle caracteriza. O partido xogouse o 80% en campo rival, cun Nicariense moi ordenado e intenso nun bloque baixo, que facia difícil de buscar o xogo combinativo, pero aínda souberon atopar ocos e ter boas ocasións, como as que materializou Claudia. Aínda lle quedar moito que mellorar ao cadro cormelán, pero xa se sitúa no alto do pelotón, nunha moi boa 5ª praza.

3 Div. Fem., Gr. 3, xornada 3

Camariñas - Corcubión (2-1)

  • Camariñas: Desiré, Aitana (Ana Lelucha ), Rocío, Brenda, Uxía, María (Uxía), Laura Pose, Yara, Saray, Laura Paredes, Paula (Lara).
  • Corcubión: Xiana, Alexandra Lojo, Carla, Sandra García, Garea, Andrea, Helena, Andrea Romero, Sandra López, Ana Sierra e María Castro. Tamén: Lara, Jimena, María Díaz, Tati e Serena.
  • Goles: 1-0, m.36: Paula Mouzo a pasa de Yara; 2-0, m.68: Laura Paredes a pase de Maira; 2-1, m.78: Andrea Romero.

Era un dos partidos da xornada, cos dous equipos que chegaban con dúas vitorias no taboleiro nun partido adiado da semana pasada. Foi un partido moi intenso e igualado, se cadra non dos máis bonitos de ver, no que as corcubionesas pagaron as imprecisións provocadas polos nervios.

Conseguiría adiantarse o Camariñas no m.35 tras unha gran xogada de Yara que dá unha asistencia para que Paula marque trala saída da porteira corcubionesa.

No 2° tempo o partido non baixaría de intensidade e o cadro de Cabrejo e Pepucho colocaría co 2-0 que marcaría Laura Paredes tras un gran pase de Maira. Mandou aí Paula un balón ao longueiro, o que espoleou ás de Rubén Castillo, que recurtaron cun trallazo de Andrea dende o borde da área, e que pelexaron ata o final por acadar. un empate que non chegou.

Zas - Dubra (5-0)

11 do Sporting Zas fem en San Andres
11 do Sporting Zas fem en San Andres
  • Zas: Alvite, Lorena, Carlota, Atenea, Nuria, Andrea, Lara , Antia, Nerea, Tania e Ruth. Tamén xogaron: Isa, Sara, Elsa e Alba.
  • Goles: 1-0, m.30: Antía; 2-0, m.36: Nerea; 3-0, m.38: Nuria; 4-0, m.51: Nerea; 5-0, m.70: Nerea.

Sporting Zas - SD Dubra 2

Por fin atoparon o xogo que busca Anxo Garrido as xaseiras. E iso que tardaron en asentarse no partido e foi necesaria algunha variación táctica. Pero á media hora de partido Antia poñia o 1-0 de falta lonxana e xa daría esa tranquilidade necesaria para ir creando máis ocasións. Nerea mais Nuria marcaban para ir o descanso 3-0.
Na segunda parte as locais buscando máis a contra e Nerea pechaba o partido co seu triplete.

Sporting Zas - SD Dubra

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios