martes. 28.10.2025
El tiempo

Marta Lado escollida pola CMAT como a III Embaixadora da Costa da Morte 2025

Marta Lado Embaixadora CMAT
Marta Lado escollida pola CMAT como a III Embaixadora da Costa da Morte 2025

Bieito Romero e Jorge Mira xa saben o que é. Este ano, A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) vén de anunciar que Marta Lado, recoñecida profesional do sector turístico e firme defensora da identidade e sustentabilidade do territorio, será distinguida co título de “Embaixadora da Costa da Morte 2025”.

O recoñecemento entregarase o martes 11 de novembro, durante a celebración do V Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, que terá lugar no Pazo de Villar de Francos (Carballo). Este galardón, de carácter anual, premia a traxectoria e o compromiso de persoas que contribúen á proxección da Costa da Morte dentro e fóra de Galicia.

A fisterrá é unha das actrices galegas máis asentadas e unha firme defensora da identidade e beleza da Costa da Morte, territorio ao que permanece fondamente unida tanto no persoal como no profesional.

Ela mesma ten definido a Costa da Morte como “un lugar que ten algo que non se pode explicar, unha forza e unha beleza que te atrapan”. Esa conexión coa terra reflíctese tamén nos seus proxectos culturais e educativos, como mestra de teatro ou como escritora de libros infantís, nos que aposta por transmitir valores de respecto pola natureza, a lingua e as tradicións locais.
Ademais da súa traxectoria como actriz, Marta desenvolveu iniciativas relacionadas coa cultura e coa creación literaria, sempre co obxectivo de poñer en valor a autenticidade e a riqueza humana do territorio

Máis novas de Marta Lado

ado

 

Máis novas

Comentarios