Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia

A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia
Peton do Lobo na manifestacion contra a Lei de Depredacion de Galicia Petón do Lobo e Contramínate, entre outros colectivos costeiros, estiveron na manifestación contra a Lei de Depredación de Galicia As rúas de Compostela acolleron este domingo unha nova demostración para berrar o Nunca Máis. Unhas 10.000 persoas secundaron a marcha contra Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, aprobada co único apoio do PP en plena vaga de lumes. Unha cita que ademais serviu para criticar a política forestal do goberno da Xunta. Ducias de colectivos de todo o país arrexuntáronse na Alameda e chegaron ata a Praza da Quintana, onde demostraron que o claro rexeitamento dunha ampla parte da sociedade galega. Xentes do mundo da cultura como QUico Cadaval molláronse e mesmo pediron que se aplicase o 155 contra o goberno de Feijoo."Que interveña a ONU a súa fai falta", bromeou. Contraminate en Compostela Contraminate en Compostela Contramínate tamén estivo en Compostela Manifestacion contra a Lei de Depredacion de Galicia Multitudinaria manifestacion contra a Lei de Depredación de Galicia

Que provoca a Lei?

Estas son as repercusións que pode ter esta lei, como recolle Praza das análises da Alianza Rural Galega, formada por ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM: – Permite que proxectos empresariais (mineiros, eólicos…) teñan menos esixencias ambientais, ao ter máis facilidade para ser declarados Proxectos Industrais Estratéxicos (antes reservados para proxectos de interese público como estradas…). Fai falta menos investimento e só 100 postos de traballo para calificalo como tal (antes eran 250). – A Consellería de Industria poderá aprobar un proxecto industrial (mineiro, por exemplo), sen necesidade de esperar a consideración dos concellos afectados ou doutras áreas como Medio Ambiente, Patrimonio ou Urbanismo. E mesmo a empresa poderá comezar a negociar a compra de terreos ou a pedir a súa expropiación sen necesidade de ter aprobado o proxecto. – Introdúcese un novo concepto: “Proxectos de Especial Interese”, para proxectos de enerxía eléctrica renovable (eólica, biomasa, hidroelétricas…) que terán tramitación prioritaria e serán máis importantes que outras actividades. Ademais, en proxectos eólicos suprimen un artigo que esixía a valoración ambiental. – A modificación da lei de Montes permite que só sexa necesaria a autorización para unha explotación madereira (non de uso doméstico) cando haia frondosas autóctonas. Ademais, nesta mesma liña e cos cambios na Lei de Conservación da Natuteza limita a protección da Rede Natura, e permite que explotacións madereiras non necesiten a autorización da Consellería de Medio Ambiente. En conclusión, para as entidades da Alianza Rural Galega a lei “supón unha desregulamentación de facto, que elimina cautelas ambientais e dereitos dos administrados para outorgarlle patente de corso a empresas mineiras e pasteiro-enerxéticas”.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios