Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte xa existe en Booking

A Costa da Morte xa existe en Booking

Xa vimos como outras axencias como SienteGalicia ou AViajes incluían a Costa da Morte nos seus produtos turísticos. Pois o sector debe estar contento de novo, pois a petición de varios socios, a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte APCTM mantivo conversas con Booking, un dos portais de reserva polo que entran máis clientes aos establecementos da Costa da Morte.

Ata fai uns días, cando un turista que buscaba aloxamento na Costa da Morte a través de Booking, está páxina incluía nos seus resultados a hoteis de Ares, Betanzos, Oleiros ou Arteixo, coa conseguinte posible perda de clientes para os nosos aloxamentos. Actualmente, a páxina de Booking identifica á Costa da Morte co xeodestino oficial e soamente figuran aloxamentos radicados nos 17 concellos que conforman a Costa da Morte.

Desde APTCM "valoran moi positivamente este logro xa que mais do 90% dos hoteis da Costa da Morte que traballan con Booking están asociados a nosa entidade". Tamén animan aos socios e socias da entidade e a todo aquel que estea vinculado ao mundo do turismo na Costa da Morte a que lles fagan chegar as súas propostas para a mellora do sector.

Novas relacionadas

Fonte

  • Npota de prensa da APTCM.

Comentarios